
Segundo informa o Concello, o coordinador dos cursos sobre estas materias que se organizan en Brión, Antonio Casal, será o docente encargado destas certificacións, sendo o técnico municipal de novas tecnoloxías, Julio Mallo Nieto, a persoa que leve a cabo as avaliacións. Grazas ao seu traballo (esta mesma semana superaron as probas pertinentes para que o Concello se converta en centro homologado e autorizado ECDL) e o do seu equipo, Brión converteríase no primeiro concello galego e no cuarto centro (logo PC Carrier, Sabira e FEMXA) que está en disposición de entregar estes avais.
Segundo contan dende o equipo de goberno do termo municipal coruñés, a acreditación ECDL acadará unha perfecta sintonía cos cursos de Informática de Usuario que organiza o Concello, coincidindo os setes módulos do exame coa estrutura das devanditas actividades formativas. Así o explica Julio Mallo: “O alumno ten media hora para examinarse de cada módulo e ten que aprobar un 75% das preguntas. Cando aproban catro módulos reciben un primeiro diploma acreditativo e cando superan os sete reciben a acreditación ECDL”. As probas exames levaranse a cabo de xeito presencial no centro de telecomunicacións de Brión, onde o alumno terá que responder a 36 preguntas tipo test en media hora. Arestora, máis de 20.000 persoas contan con este recoñecemento en España.
O Concello de Brión recibe o recoñecemento para impartir certificados europeos de informática
Compartir Este Artigo
