
Segundo explicou a entidade docente galega, a nova plafavorma vai permitir establecer unha estrutura de relacións dentro da comunidade pero tamén fóra, cos estudantes que están por vir, cos seus pais e con toda a sociedade en xeral.
Xa nos seus primeiros días de actividade (fase de probas), a rede social acadou a cifra de 160 membros, contando xa con varios grupos creados (incluído un grupo dedicado á música máis independente e outro ás prácticas de meditación).
Detrás deste proxecto, informa a Universidade, está o profesor Carlos López Ardao, responsable do Laboratorio de Redes do Departamento de Enxeñaría Telemática e un dos creadores da spin-off SocialWire Labs. Segundo fixo sabrer na presentación durante a presentación deste tecido social na Internet, a proposta púxose en marcha co epígrafe Conecta, colabora, comparte, co que se quere dar a entender o espírito de intercambio de coñecemento que promove, abríndose a toda a sociedade e facendo visible o miolo da propia institución educativa.
A Universidade de Vigo pon en marcha unha rede social aberta
Compartir Este Artigo
