Compostela vai acoller este martes 11 de maio un encontro profesional dirixido a albiscar a realidade inmediata da nova televisión, a dixital, unha tecnoloxía que malia os esforzos postos en marcha nin chega a toda a cidadanía galega (hai áreas en sombra ás que se espera dar cobertura por vía satélite) nin resolve por si soa tódalas dúbidas que a sociedade poida ter sobre as súas posibilidades e o seu emprego. Dar resposta a algunha destas cuestións e a outras moitas é o gran obxetivo do seminario Presente e futuro da televisión en Galicia, que comeza no Hotel NH Obradoiro de Compostela a partir das 12 horas.
O encontro, promovido pola empresa Astra, xirará arredor de cuestións como o futuro inmedito da televisión en casa, a aposta polas novas tecnoloxías no Mundial de Fútbol ou os problemas actuais do espallamento da TDT en Galicia. Asemade, haberá marxe de abondo para tratar os problemas do noso rural para acceder á banda larga e de cómo estes poderían ir acadando solucións co emprego máis extendido dos accesos vía satélite (alternativa que tamén dá resposta aos problemas de recepción da TDT nas zonas de sombra).
O futuro da televisión na nosa terra, a debate este martes en Santiago
Compartir Este Artigo
