Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Toxa dará acubillo o 5 de xuño ás primeiras xornadas galegas sobre informática xudicial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Toxa dará acubillo o 5 de xuño ás primeiras xornadas galegas sobre informática xudicial

Fernando Sarasketa
Publicado: 10/05/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Cartel-curso-Informatica-Xudicial-e-Delictos-Informaticos7.jpgO Hotel Talaso Louxo da Illa da Toxa (O Grove, Pontevedra) acolle o vindeiro día 5 de xuño a primeira edición das Xornadas de Informática Xudicial e Delitos Informáticos, dirixidas como o seu nome indica a afondar nos avances máis salientables rexistrados nos últimos tempos en materia probatoria neste caso de infraccións. Este encontros, que contarán coa participación activa de Víctor Salgado (director técnico da xornada), están organizados polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) e a máis a Secretaría Xeral de Modernización, dentro das actividades formativas inseridas no seu convenio. Amais de informar aos xuíces e maxistrados da máis recente innovación neste eido xudicial, as xornadas tamén servirán para sensibilizar sobre o que poden pór en xogo os peritos informáticos nas causas postas en marcha, amais de botar luz sobre o que se pode probar e o que non.
Os encontros van dirixidos sobre todo a maxistrados, xuíces e fiscais, principalmente dos partidos xudiciais galegos. Para inscribirse neles é preciso cumprimentar unha folla de matrícula accesible a través da páxina web do CPETIG e que dá dereito á inscrición definitiva unha vez aboado o importe requirido. O prazo ficará aberto ata o 31 de maio.
O programa da xornada quedaría deste xeito:
· Presentación: 10 h.
· 1º relatorio – O Dereito ante as novas tecnoloxías – profesor Miguel Ángel Davara Rodríguez (presidente e fundador da firma madrileña de asesores xurídicos Davara & Davara, especialistas en Dereito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións)
· 2º Relatorio – Validez probatoria de documentos electrónicos e a identificación informática de persoas – Víctor Salgado (socio do bufete coruñés Pintos & Salgado, especializado na achega de solucións xurídicas no ámbito das novas tecnoloxías)
· Pausa – café
· 3º Relatorio – O inevitable da proba electrónica nos procedementos xudiciais do século XXI – Paloma Llaneza (avogado, CISA, socio director de Razona Legaltech e Presidenta de AEDEL)
· 4º Relatorio – Práctica Forense: aseguramento, cadea de custodia e análise das evidencias informáticas – Juan Salom Clotet (xefe do Grupo de Delitos Telemáticos da Garda Civil)
· Mesa Redonda: Cara á dixitalización da práctica forense. Desafíos e retos da proba electrónica na Xustiza do século XXI. Moderador: Juan Bautista Quintás Rodríguez (maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia). Inverveñen: Luis María Uriarte (fiscal especialista en criminalidade informática da provincia de Pontevedra), Francisco Javier Sanz Larruga (profesor titular da UDC especializado en Administración Electrónica), Miguel Abal González (Perito Informático Experto do CPETIG), Miguel Ángel Davara Rodríguez, Víctor Salgado Seguín, Paloma Llaneza Razona e Juan Salom Clotet.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?