Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia-Aula de Produtos Lácteos asina máis dun contrato por semana con empresas do sector
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia-Aula de Produtos Lácteos asina máis dun contrato por semana con empresas do sector

Redacción
Publicado: 11/05/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ctlacteo02.jpgO Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia vén de cumprir o seu primeiro ano de actividade cunha bagaxe que dá continuidade a todo o labor de investigación e colaboración co sector empresarial na que dende hai vinte anos traballa a Aula de Produtos Lácteos (APL) da Universidade de Santiago, agora integrada no propio Centro.
As cifras non deixan lugar á dúbida sobre a transcendencia económica dunha iniciativa que xera emprego e oportunidades de negocio nun sector clave en Galicia. En 2009 entre o Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia-APL facturou 1.148.052 millóns de euros e xeraron 22 postos de traballo directos aos que hai que sumar os trinta alumnos que traballaron no seu Obradoiro de Emprego. O número de contratos con empresas foi de 77, máis dun por semana. “A nivel nacional temos as mellores instalacións e ofrecemos o mellor servizo. Por iso veñen a traballar connosco empresas de Andalucía, Valencia ou Cataluña. Temos a tecnoloxía e a capacidade para investigar e montamos unha estrutura en produtos lácteos sen parangón en España”, detalla Juan Méndez Dónega, director do Centro, situado no Recinto Feiral de Lugo.
A implicación do tecido empresarial resulta clave para alcanzar tan elevado nivel de actividade. Dez das principais empresas galegas do sector conforman a maioría do padroado da fundación de carácter privado que dirixe o Centro, no que tamén se integran a Xunta de Galicia, as Universidades de Vigo e de Santiago de Compostela, pero ademais a filosofía do Centro, mesmo cando aínda non tiña esta catalogación, sempre foi a de estar preto das empresas. «Fomos pioneiros na vocación de servizo cara a elas, de aí que a evolución cara a centro tecnolóxico fose natural porque ademais era unha demanda latente», apunta Méndez Dónega.
ctlacteo01.jpgEsa demanda sostense por un ámbito, o do sector lácteo en Galicia, que ten un volume de negocio próximo aos 1.000 millóns de euros anuais. As solucións que lles poden ofrecer a transferencia de resultados de investigación para desenvolver novos produtos ou melloras os xa existentes resultan vitais para a súa pervivencia. Para iso o Centro Tecnolóxico Lácteo de Galicia precisa crecer, estima o seu responsable. «Se non o facemos poderemos incorporar novas tecnoloxías nin tampouco abrir as novas liñas de negocio que nos demandan», advirte.
Existen claras opcións para conseguir ese crecemento ao que alude Méndez. Unha das claves é a dispoñibilidade de espazo. Para habilitalo, a Universidade de Santiago dispón de dez millóns de euros procedentes de fondos europeos que hai que inverter antes de 2013. Ademais unha eventual fusión co embrionario Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo podería axudar a sumar esforzos. «Estamos pendentes do chan para a construción de novas instalacións, pero hai que actuar pronto e de xeito efectivo. A fusión co CETAL pode axudar sempre que non supoña unha perda da nosa identidade e poidamos desenvolver e mellorar a mesma actividade de servizo ao sector lácteo que vimos realizando durante os últimos vinte anos», comenta Méndez Dónega, que pon como condicionante esencial que se garanta a estabilidade laboral de todas as persoas que traballan no Centro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?