Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha nova páxina web recolle o patrimonio toponímico de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha nova páxina web recolle o patrimonio toponímico de Galicia

Redacción
Publicado: 11/05/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

presentacion_web_toponimia_01.jpgO conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, presentou hoxe a páxina web do Proxecto Toponimia dentro dunha iniciativa que ten como principal obxectivo axudar a salvagardar o riquísimo patrimonio cultural galego a través da recuperación da toponimia da Comunidade Autónoma.
Esta nova páxina web supón un chanzo máis nos labores de recuperación que están a levar a cabo os responsables do proxecto, que arrancou no ano 2000 e que se leva a cabo a través de enquisas realizadas polos técnicos sobre o terreo, aldea por aldea, situando a información recollida sobre fotografías aéreas.
toponimia.xunta.es_buscador.jpgAté o momento, tense traballado sobre 168 concellos e completouse a recompilación de datos en máis dun cento deles, o que se traduce en case 400.000 topónimos que xa se poden consultar na páxina web. Xa se ten recollido información de máis dun terzo do territorio galego e o obxectivo é chegar a cubrir a metade de toda a Comunidade ao longo deste ano 2010.
A información sobre toponimia xerada no proxecto non consiste só nunha simple listaxe de nomes, clasificados por concellos e parroquias, senón que o uso de técnicas cartográficas avanzadas e as novas tecnoloxías permiten que teña aplicación práctica para organismos públicos, entidades privadas e particulares que xestionan o territorio.
Dese xeito, amais de contribuír decisivamente á conservación do patrimonio cultural de Galicia a través da recuperación e ordenamento dos seus topónimos, permite aplicacións prácticas dos resultados do proxecto na elaboración de cartografía, na xestión das emerxencias ou no planeamento urbanístico.
Do traballo que se leva feito ata o momento, despréndese que a densidade media é de 36 topónimos por quilómetro cadrado, sendo a máis elevada ata agora en Cangas (182 topónimos por quilómetro cadrado). O nome que máis se repite, a falta de completar o traballo de campo en todos os concellos de Galicia, é o de A Cortiña, do que xa se levan rexistrados 1.165 casos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?