Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Astra e Digital+ critican en Santiago as carencias do despregue da TDT en zonas de sombra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Astra e Digital+ critican en Santiago as carencias do despregue da TDT en zonas de sombra

Fernando Sarasketa
Publicado: 12/05/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

net2_astra2connect-dbdd2.jpgNon todo está dito nin pechado en materia de televisión dixital (trátase dunha tecnoloxía en fase de mellora da que aínda non se ten o coñecemento en moitos estratos da nosa sociedade para tirarlle o máximo proveito). Asemade, non toda a televisión dixital chega pola vía da canle terrestre. Hai familias que a reciben a través do cable, outras vía satélite e un bo número que non ten posibilidade algunha de recibila, sobre todo polo afastado dos seus fogares. Este problema é salientable na nosa terra, onde polas condicións xeográficas e demográficas particulares hai amplas zonas de sombra que obrigan e obrigarán a empregar alternativas ao terrestre. De falar destes problemas e destas alternativas foi do que tratou en boa medida a xornada informativa organizada onte en Santiago polas firmas Astra e Digital +.
A cita, que se desenvolveu no Hotel NH Obradoiro, xirou arredor dos últimos avances achegados polas ditas empresas en materia de dixitalización do fogar. O encontro foi cos medios, os profesionais das telecomunicacións, distribuidores de servizos audiovisuais e comercios especializados no despregue da alta definición e na chegada aos domicilios da tecnoloxía en 3D.
Xa nun terreo máis concreto, a xuntanza serviulle ás empresas para lembrar a súa aposta por emitir os 64 partidos do vindeiro Mundial de Sudáfrica en alta definición (os 10 máis importantes en 3D) e, centrándose xa na realidade galega, para informar de posibles solucións á falta de cobertura en TDT que sofre un bo número de fogares. Ao seu xuízo, está claro que a tecnoloxía terrestre non vale nestes casos: “Cubrir as últimas porcentaxes de poboación mediante este recurso”, comentou José Luis Garate, director de Desenvolvemento de Astra, “supón un custe desorbitado que medra de xeito expoñencial, e cómpre non esquecer que seguen a existir zonas con graves atrancos debido a problemas de cobertura, interferencias ou da propia instalación”.
Por outra banda, sinalou, a alternativa que achegan os gobernos central e autonómico na nosa terra con feitura de solución satelital é ao seu xuízo incompleta, xa que non permitirá acceder ás canles de alta definición ou ao futuro vindeiro da televisión en 3D. “Isto”, engadiu, “constitúe un paso atrás na tarefa de rematar coa fenda dixital”. Con todo, hai tempo de variar o rumbo da situación. Para a empresa Astra, en países como Francia ou Alemaña os cidadáns están en disposición de mercar un receptor de TDT vía satélite no punto de venda co que acceder a tódalas canles e servizos con independencia do emprazamento do seu fogar, posto “que non hai atrancos impostos ao sinal neste senso”. En España, sinala Astra, si que existen estas restricións á televisión dixital por vía satélite. Con todo, hai unha concienciación na sociedade española que non para de medrar acerca desta necesidade de liberar e abaratar a TDT por satélite.
Polo que respecta á achega de Astra para ir poñendo solución a estes atrancos, a empresa presentou a tecnoloxía Astra2Connect, un recurso do que xa falamos nesta mesma web e “que permite o acceso á banda larga cun sistema vía satélite bidireccional e prezos residencias que rematarán co problema de hostaleiros, explotacións gandeiras e agrícolas e centros turísticos que a día de hoxe non poden levar a cabo consultas ou trámites burocráticos por non contar cun servizo fundamental”. O servizo, informaron ámbalas dúas empresas, conta xa con 60.000 clientes en Europa e co apoio dalgunhas autonomías, que subvencionan a súa instalación entre cidadáns situados en zonas de sombra dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?