
A Xunta de Galicia realiza unha achega económica de preto de 190.000 euros distribuídos en dúas anualidades correspondentes aos exercicios 2010 e 2011.
O obxectivo do dito convenio de colaboración é acadar unha predición meteorolóxica máis precisa de Galicia mediante o desenvolvemento dun sistema que posibilite a preparación dos modelos numéricos que permitan realizar a predición nun contorno de cálculo de altas prestacións. Incorporarase un sistema de asimilación de datos e equipos propios de meteoroloxía.
Este acordo centrarase na execución de modelos de predición meteorolóxica sobre Galicia, facendo especial fincapé no litoral, a curto prazo. Tentarase a achega do número suficiente de horas de cálculo para garantir a execución operativa dos modelos.
O proxecto tamén recolle a disposición dun servizo de soporte de emerxencia para as incidencias de funcionamento.
Ademais de garantir o mantemento da execución dun modelo determinista de predición meteorolóxica a 4 km de resolución sobre a comunidade galega cun horizonte de predición de 72 horas que se execute dúas veces ao día, permitirá mellorar a resolución espacial no litoral, chegando a unha resolución de 1 km grazas a estes modelos e a este acordo, poderase desenvolver un modelo oceanográfico para toda a costa galega.
Por outra parte, para completar esta predición a curto prazo, contarase cun modelo de conxuntos a 12 km de resolución formado por cando menos catro membros. Durante os vindeiros anos este número de membros incrementarase co fin de cubrir a maioría de posibilidades de evolución da atmosfera nas seguintes 96 horas.
Este modelo proporcionará o espazo de almacenamento necesario para gardar os datos da última semana de execución directamente en sistemas de disco visibles desde as máquinas nas que se fan as simulacións. Ademais, para proporcionar a Meteogalicia a capacidade de incrementar a alta dispoñibilidade dos seus servizos, o CESGA porá á disposición deste o espazo necesario para aloxar un armario de tipo estándar de 19 polgadas na sala de computación do edificio do CESGA.
A Xunta colaborará co CESGA co fin de acadar unha predición meteorolóxica exacta
Compartir Este Artigo

