Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ADECES suspende a Ya.com, Tele2, Vodafone e Orange en atención ao consumidor
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

ADECES suspende a Ya.com, Tele2, Vodafone e Orange en atención ao consumidor

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/05/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Vodafone-2b3c1.jpgSemella que as operadoras de telefonía teñen departamentos enteiros procurando de xeito exclusivo métodos sutís de enganar ou foder ao cliente sen que se poida demostrar isto ao cen por cen. Isto é especialmente grave coa captación de clientes (son ben numerosos os casos de persoas maiores que descobren que se lles cambiou de firma provedora sen o seu consentimento directo, unicamente manipulando as gravacións das respostas que achegaron), co cese dun contrato ou cos servizos de atención ao cliente. En maior ou menor medida, quen se leva a palma nestes e noutros puntos son Ya.com, Orange, Tele2 e Vodafone. Así nolo conta a Asociación Pro Dereitos Civís Económicos e Sociais nun informe sobre os servizos de atención das operadoras que reflicte estes días en detalle Xornal.com.
A investigación, que pola contra dá un aprobado ao traballo comunicativo que despregan a galega R (3,04 puntos sobre 5), Telefónica (3,5 puntos), Euskaltel (3,34) e Ono (3,07), fai fincapé en cuestións variadas como a desinformación por sistema ou as prácticas dirixidas a xerar desconfianza entre os clientes, cuestións que tristemente semellan ir a máis nos últimos anos. O informe, que deixa a Telecable cun aprobado raspado (2,67 puntos), sitúa a Ya.com no extremo máis baixo da táboa, cun índice de 1,89, superada (aínda que non moito) por Orange (2,17), Tele2 (2,11) e Vodafone (2,29).
Para ADECES, estes e outros datos non fan máis que pór de manifesto o xogo da desinformación e o descontento que moitas operadoras están a despregar nos servizos de atención ao consumidor, prácticas lamentables que afectan a tódolos niveis: o alcance das ofertas, as condicións dos contratos, os prezos dos servizos (que logo non son como eran, ao non especificarse o IVE nalgúns casos), a asistencia técnica (que pode chegar a ser case nula no que a atención en domicilios se refire, ou ben, de habela, excesivamente cara), as condicións de velocidade dos accesos á Rede (que agás en contados casos das operadoras relativamente ben valoradas, non cumpren case nunca co prometido).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?