Segundo indica un informe publicado onte pola entidade Enter, o Centro de IE Business School para a Análise da Sociedade da Información e as Telecomunicacións, o rápido desenvolvemento da sociedade actual ao longo das últimas décadas vén de traducirse nunha “verdadeira explosión de datos”, que é preciso almacenar e procesar e que non é doado atoparlle espazo físico.
Tanto no ámbito persoal, como no das empresas, o desenvolvemento da Sociedade da Información nos últimos tempos, segundo informan, fixo que esa explosión de datos se vira agravada por un “efecto multiplicador” derivado da elevada redundancia entre diferentes sistemas e as esixencias crecentes de poder garantir a continuidade do negocio en caso de fallo ou catástrofe.
O informe engade que ese incremento desfasado da información levou a moitos centros de datos ao límite das súas capacidades e a requerir porcentaxes crecentes do presuposto total xa que, malia que descendeu o custe medio de unidade de información almacenada, os custes asociados á explotación desa información (en termos de horas de proceso e man de obra) incrementáronse ao mesmo ritmo que a cantidade de datos almacenados.
Desta maneira, a nota revisa as alternativas tecnolóxicas dispoñibles para facer frente a este “Data Wabe”, mantendo o custe de almacenamento controlado e asegurando o comprimento das tarefas necesarias para o aseguramento e recuperación dos datos.
O documento forma parte da Newsletter semanal de trinktank e pode descargarse de balde na páxina oficial do organismo.
O volume de información dixital multiplicarase por 40 na vindeira década
Compartir Este Artigo

