Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SigoJoven.com acada un acordo de colaboración co Grupo Júbilo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SigoJoven.com acada un acordo de colaboración co Grupo Júbilo

Raquel Noya
Publicado: 24/05/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Red_jubilo.jpgA rede social SigoJoven.com, a primeira ferramenta en liña dirixida á Xeración 4.0 (termo acuñado para designar ás persoas maiores de 40 anos intelectualmente activas e interesadas en compartir ocio e cultura) mailo grupo de comunicación Júbilo, veñen de asinar un acordo de colaboración polo que este último disporá dunha canle de comunicación propia na devandita rede social dende onde interactuar cos máis de 50.000 usuarios da comunidade de SigoJoven.
O perfil das persoas usuarias desta ferramenta en liña correspóndese cunha persoa de máis de 40 anos, cun nivel medio de formación, coñecedora da actualidade nacional e cun interese por crear e manter relacións sociais na Rede.
As actividades relacionadas coa arte (exposicións e obradoiros, entre outras) veñen de incrementar a súa presenza en SigoJoven.com dende a súa creación a finais de marzo de 2009 e supoñen na actualidade máis do 55 por cento do total das actividades ofertadas.
Os concertos e actividades musicais supoñen, por outra banda, máis do 30 por cento das propostas incluídas en SigoJoven.com, sobre todo nas grandes cidades como Madrid, Barcelona, Valencia ou Sevilla, onde ao igual que no resto de España, as persoas usuarias poden recuperar amizades que crían perdidas.
Segundo palabras do presidente de SigoJoven.com, Luís Álvarez, quen aos 75 anos compatibiliza o cargo co de vicepresidente de CEOMA (Confederación Española de Mayores) e co de presidente da Asociación Grupo de Mayores de Telefónica, “é moi apaixoante volver a ter vida propia despois da etapa de crianza dos fillos”, e SigoJoven permite obter isto e outras moitas cousas máis.
O plan de crecemento previsto por SigoJoven.com contempla un desenvolvemento constante que lle permita superar ao longo deste ano 2010 a cifra dos 100.000 usuarios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?