Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Eroski presenta as novidades da súa guía en liña do Camiño de Santiago, seguida por 2 millóns de usuarios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Eroski presenta as novidades da súa guía en liña do Camiño de Santiago, seguida por 2 millóns de usuarios

Fernando Sarasketa
Publicado: 26/05/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

guia_eroski_camino.jpgA Fundación Eroski presentou hoxe en Compostela un proxecto tecnolóxico-cultural que non é novo pero que se refai cada pouco na Rede. Máis polo miúdo, trátase da Guía de Consumer Eroski, unha proposta en liña que naceu en formato papel no ano 99, dando conta de todo o relacionado co Camiño de Santiago, e que hoxe funciona xa como unha rede social por dereito propio, contando cunha taxa de rexistros que chega a rentes dos 2 millóns, cifra que se agarda superar este verán. A páxina, que ofrece unha escolma de itinerarios, albergues, consellos e foros, aparece sempre en primeiro lugar nas buscas de Google que se fagan sobre “Camiño Francés”, o que dá certa idea da súa relevancia entre a comunidade internauta. De feito, informou Eroski, a web é hoxe a máis visitada do mundo sobre esta temática.
Minutos antes da presentación da páxina no noso país, celebrada no Pavillón de Galicia en San Lázaro (Santiago), puidemos falar con Alejandro Martínez, director de Produtos Informáticos de Eroski, quen nos puxo ao tanto das novidades que achega para este verán. Entre estas, cómpre salientar unha apliacación, en breve dispoñible, que lles permitiría aos peregrinos carretar a guía con todas as súas funcionalidades no seu teléfono móbil.
Isto estará dispoñible para o iPhone ou para calquera outro móbil da maneira, sendo a intención da compañía Eroski non limitarse a unha única marca de dispositivo co fin de abranguer a máxima cantidade de usuarias e usuarios.
Precisamente as persoas que farán ou que fixeron xa o Camiño son os grandes piares da páxina presentada hoxe, unha guía envorcada na Rede en 2002 (dende o formato en papel orixinal) e que resume un pouco a tendencia experimentada polos servizos culturais e turísticos ao longo dos últimos anos en Internet. Así, informou Alejandro Martínez, a guía xurdiu amosando unha liña unidireccional, dos responsables da páxina aos internautas, e logo asumiu paseniño o formato multidireccional, á vista hoxe, apostando polas vantaxes da rede social con todo o que iso implica: opinións e imaxes dos usuarios, consellos, avisos, procura de compañeiras/os. “Os usuarios son a clave”, comenta Alejandro, e segue: “Nós achegamos a base da web e o resto, a experiencia mesma, corre a gardo deles”. Respecto á clave do éxito da páxina, o director de Produtos Informáticos de Eroski teno ben claro: “A chave é a regularidade, a constante actualización e o subministro do dato preciso. Non facer publicidade de ningún tipo, nin de hoteles nin de restaurantes nin de casas rurais. Deixar de lado os intereses e permitir que sexan os internautas os que acheguen o seu punto de vista directo. Este, o da participación, é unha das claves principais do éxito da web”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?