Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Remata a celebración dos 25 anos da CRTVG na Rede CeMIT
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Remata a celebración dos 25 anos da CRTVG na Rede CeMIT

Raquel Noya
Publicado: 27/05/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

celebracion_CRTVG.jpgNo marco dos actos de celebración dos primeiros 25 anos de vida da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG), as aulas da Rede CeMIT (Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia) das sete principais cidades galegas, recibiron a visita dun total de 2.015 persoas, que se achegaron ás mesmas para participar nas actividades que a Secretaría Xeral de Medios levou a cabo. Entre os actos desenvolvidos para celebrar o cuarto de século do noso ente comunicativo por excelencia, que por certo remataron esta semana, destacaron os cursos de stop-motion, unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos capturando fotografías, aos que asistiron, en total, 225 rapaces e rapazas de entre 14 e 18 anos, procedentes de institutos de educación secundaria de varias cidades galegas.
Ao longo do curso, cada aula contribuiu á animación da coñecida mascota da CRTVG, o Xabarín, dando lugar a unha peza final onde o personaxe animado cobra vida. O grupo que realizou a animación de maior calidade, a xuízo dun xurado, recibirá como premio unha videocámara dixital que se entregará o vindeiro 9 de xuño no Centro Multimedia de Galicia.
Por outra banda, as aulas da Rede CeMIT da Coruña, Vigo, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol recibiron tamén durante estes dous meses as visitas de coñecidos persoeiros da radio e da televisión autonómica galega, como o locutor Luís Rial; o emblemático home do tempo da Galega, Santiago Pemán, e os seus herdeiros, Martín Barreiro e Beatriz Hervella; así como o presentador do xa lendario programa Luar, Xosé Ramón Gayoso, ou o condutor do espazo Cifras e letras, Paco Lodeiro, entre outros, que falaron sobre as súas experiencias e a súa traxectoria profesional perante as persoas asistentes.
Asemade, o popular Xabarín, mascota do programa da Televisión de Galicia do mesmo nome, fixo as delicias de máis de mil catrocentos pequenos, que puideron conversar con el en persoa e converterse en partícipes das súas peripecias.
Segundo informaron os seus responsables, todas as actividades que se realizaron para conmemorar os 25 anos da CRTVG, “estiveron enmarcadas e orientadas cara as novas tecnoloxías e as novas formas de comunicación, non quedando alleas as redes sociais, como Twitter”.
Iso permitiu dar cabida a todos aqueles que quixesen participar activamente nesta celebración, a través de dous concursos relacionados con estas novas canles de comunicación: “As mellores frases da dobraxe da Galega” e “Que está a pasar na Rede CeMIT con motivo dos 25 anos da CRTVG” cuxos premios se entregarán tamén o vindeiro 9 de xuño no Centro Multimedia de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?