O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) está estes días intensificando o seu labor de promoción das vantaxes que ofrece en materia de defensa e protección dos profesionais que decidan colexiarse. Entre as vantaxes nas que máis se está a facer fincapé atópase a póliza de responsabilidade civil profesional (a través de Mutua de Enxeñeiros) que o Colexio achega de balde para os seus membros. Así, as/os colexiadas/os que forman parte da entidade ou entran a integrarse nela son adheridas/os a través dun proceso automático ao seguro colectivo, sen custe engadido, beneficiándose dunha cobertura básica para cubrir as reclamacións de terceiros cunha garantía de 24.000 euros.
Segundo informa o CPETIG, a importancia desta cobertura é tanto máis importante se temos en conta o moito que está a medrar nos últimos tempos a cultura da reclamación, proceso (o deste evoluír) que por mor da rápida corrente innovadora da tecnoloxía non sempre fica coa requirida claridade. Falamos polo tanto dunha cultura que de maneira inevitable pon en xogo meirandes volumes de traballo e de información, con toda a responsabilidade de sistemas e de datos que isto representa, polo que a xuízo do Colexio “faríase máis indispensable que nunca contar cunha protección de Responsabilidade Civil Profesional”. En palabras de Marcos Mata, presidente do Colexio, “todos os que estamos a traballar nalgún dos eidos das Enxeñarías en Informática sabemos que un fallo informático é a escusa perfecta”. E prosegue: “Pero por pouco tempo, xa que as demandas Peritaxes Xudiciais ou Extraxudiciais e as reclamacións medraron de xeito exponencial nos últimos anos”
A póliza inclúe as seguintes coberturas principais:
· Pagamento de indemnización, segundo capital contratado, como consecuencia dunha reclamación cuberta pola póliza.
· Gastos de defensa tanto por reclamacións por vía civil como penal, así como as fianzas
Aqueles colexiados que o desexan poden incrementar a súa garantía no seguro pagando unicamente o importe adicional da prima.
O CPETIG achega de balde un seguro de responsabilidade civil profesional para os seus colexiados
Compartir Este Artigo
