Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ryanair lanza guías de viaxes en liña de balde
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ryanair lanza guías de viaxes en liña de balde

Raquel Noya
Publicado: 28/05/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ryanair_guias.jpgRyanair, a aeroliña de baixo custe que une as cidades galegas con distintos destinos europeos a un prezo bastante económico, vén de por en marcha máis de 100 guías de destinos en liña que se poden consultar de balde, e que lle facilitan aos pasaxeiros e pasaxeiras a información dos destinos máis coñecidos de Ryanair, así como tamén daqueles outros non tan coñecidos aos que nalgún momento soñamos con chegar.
Estas guías, foron elaboradas polos responsables de comunicación da compañía en colaboración cos especialistas dixitais en contidos de viaxes en liña, Frommer”s® Unlimited, a división de negocio de Frommer”s (un selo de marca de Wiley), os cales, sabedores de que as persoas viaxeiras perden horas investigando sobre un destino concreto na Rede, ofrecéronlle a posibilidade de atopar información de maneira rápida e concisa.
Os documentos en liña conteñen, entre outras cousas, información sobre as actividades e tours, a vida nocturna, as atraccións locais, os eventos actualidados de cada destino, etc, así como datos de interese sobre comidas e bebidas típicas de cada lugar, información dos aeroportos, tipo de clima…
As guías de destinos de Ryanair actualizaranse periodicamente para, segundo informan dende a compañía, permitirlle ás pequenas empresas locais “ofrecer excelentes ofertas de viaxes aos 73 millóns de pasaxeiros de Ryanair”; desta maneira, engaden, “o turismo local terá a oportunidade de medrar na mesma medida que o número de pasaxeiros da compañía”.
Ryanair ofrece na actualidade un total de 1.100 rutas e malia que son bastantes, os pasaxeiros buscan, cada vez máis, “viaxar a novos destinos interesantes”. Así o vén de afirmar o responsable da compañía, Stephen McNamara, que engadiu que as súas guías de destinos gratuítas en liña, “axudarán tanto aos novos viaxeiros como aos máis experimentados a decidir onde queren ir”.
Pola súa parte, Giles Longhurst, director de Frommer´s Unlimited afirma que con estas guías, “que conteñen os mellores eventos e a previsión do tempo, sempre hai unha boa razón para viaxar e para escollera as vacacións que mellor nos conveñan”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?