Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha a nova edición de Montañas en Rede, mostra dixital a prol do coidado dos nosos cumios
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha a nova edición de Montañas en Rede, mostra dixital a prol do coidado dos nosos cumios

Fernando Sarasketa
Publicado: 28/05/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

adega_montanas.jpgO coidado do medio ambiente non debe nin pode rematar no contorno dos fogares. De xeito paradoxal, e para comprobalo non hai máis que percorrelos, moitos dos montes galegos teñen hoxe por hoxe problemas medioambientais máis graves e máis visibles ca unha boa parte dos espazos máis próximos ás aldeas, as vilas e as cidades. Uns cantos exemplos: a proliferación masiva do eucalipto (especie que precisa do lume para medrar e que seca e envelena os solos), a vertedura incontrolada de cascallos de todo tipo ou o trazado a esgalla de pistas e estradas que só incrementan a fragmentación dos bosques e a achega de lixo. Co obxectivo de concienciar na medida do posible á sociedade sobre o problema, ADEGA e RedMontañas veñen de convocar a edición galega de Montañas en Rede, unha iniciativa reivindicativa que busca tirar partido das ferramentas dixitais para manter o mellor futuro posible para os nosos ecosistemas.
A proposta, que se celebra a nivel estatal (con 179 ascensións rexistradas o ano pasado, 20 delas na nosa xeografía) e vai pola súa quinta edición, desenvolverase os días 29 e 30 de maio co seguinte epígrafe: As montañas si importan.
Participar, informa ADEGA, é ben doado. O primeiro que termos que facer é descargar un arquivo (pdf) para usar logo como faixa nesta edición 2010 da iniciativa. O segundo, subir á montaña, cumio ou outeiro que máis nos praza, sós ou ben acompañados. Logo, tiraremos unha imaxe da nosa chegada ao curuto que teñamos elixido, facendo visible a nosa faixa e facilitando deste xeito a identificación co proxecto. Unha vez feito isto, subiremos a foto resultante á Galería Montañas en Rede 2010.
Será opcional, aínda que recomendable, enviala tamén ao equipo de ADEGA, a través da conta adega@adega.info. Por medio deste enderezo, que vén protexido de programas autómatas de envío de correo non desexado, teremos que facer saber o cumio do que se trata, a autoría da foto e a problemática que vai ligada ao lugar en cuestión.
Os responsables da asociación ecoloxista serán os encargados de subila.
Por certo que este ano a mostra en liña acompáñase dun concurso fotográfico, cuxas bases xa podemos ver penduradas na rede, tamén en pdf. Toda a iniciativa en liña, como dixemos, diríxese a pór de relevo os moitos obstáculos cara a conservación idónea dos nosos montes que se rexistran a día de hoxe, facéndolle saber ás administracións que é preciso pór en marcha unha protección efectiva “alén das declaracións institucionais e dos actos propagandísticos”.
En Galiza, informa ADEGA, “moitas áreas de montaña carecen de protección e están sometidas á depredación das eléctricas, canteiras… Mesmo as áreas formalmente protexidas (Rede Natura, Parques Naturais, etc.) seguen sen contar cos instrumentos de xestión obrigatorios por lei que deberían permitir harmonizar a conservación dos seus valores naturais co desenvolvemento sustentable e os beneficios para os seus habitantes.”

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?