Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O concurso de simulación empresarial Play! chega á súa fin
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O concurso de simulación empresarial Play! chega á súa fin

Raquel Noya
Publicado: 31/05/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Fotos_entrega_Play_2.jpgA cuarta edición do concurso Play! Desafío para novos emprendedores, que ao longo dos últimos seis meses mantivo a preto de 2.000 estudantes “pelexando” por facerse co primeiro posto nun xogo de simulación empresarial, chegou á súa fin o pasado venres, coa entrega dos premios e diplomas aos gañadores do mesmo.
O acto, que tivo lugar no Centro Social Caixanova de Vigo, púxolle o broche final a medio ano de intensa competición, no que estudantes de 78 centros de bacharelato de toda Galicia, disputaban as súas habilidades na creación dunha empresa virtual.
O Equipo A do IES Monte da Vila de O Grove fíxose co primeiro posto, nunha igualada final na que tamén participaron estudantes do IES Eduardo Pondal (Santiago de Compostela), o IES Río Cabe (Monforte de Lemos), o IES Universidade Laboral (Ourense) e o IES Cidade de Antioquia (Xinzo de Limia).
Este xogo de simulación empresarial foi organizado pola Escola de Negocios Caixanova e o Instituto de Desenvolvemento Caixanova, e xa celebrara a final o pasado 8 de maio na cidade olívica.
Nel, os equipos participantes debían poñer a funcionar a súa propia empresa de lácteos, establecendo estratexias sobre aspectos como a produción, o aprovisionamento, as vendas ou as políticas de financiación, entre outros aspectos.
Grazas á axuda dun software especificamente deseñado para esta iniciativa, as empresas competían entre sí nun mercado similar ao real, no que as decisións que tomaban uns equipos tiñan repercusións nas estratexias que deseñaban os outros para converterse na compañía líder do sector.
Os premios que recibiron os integrantes do equipo gañador consisten en ordenadores Macbook, televisións LCD, discos duros, móbiles, ordenadores ultraportátiles e consolas de videoxogos.
Os e as integrantes do equipo gañador son María Barral Sanmartín, Noelia Bea Cano, Sara Isabel Otero Otero, Beatriz García Caneda e Jose Luis Vázquez Carpintero, que recibiron cadanseu portátil Macbook e unha beca de 6.000 euros para estudar na Escola de Negocios Caixanova cunha validez de ata 10 anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?