Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nova web interactiva para Revela, o foro internacional de fotografía de Oleiros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nova web interactiva para Revela, o foro internacional de fotografía de Oleiros

Fernando Sarasketa
Publicado: 31/05/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

revela_nova_web.jpgO certame Revela vén de someter á súa face web a unha completa remodelación no que a facilidades de uso e funcionalidades se refire. A intención dos organizadores deste concurso de fotografía que promove o Concello de Oleiros foi de tirar proveito do xa existente, o dominio revelaoleiros.org, para afirmar coas novas tendencias da Internet o carácter universal do certame e, tamén, do fenómeno fotográfico actual, un dos grandes piares da Rede participativa. O novo portal preséntase deste xeito como “interactivo” e “máis accesible”, ao tempo que incrementa as posibilidades de descarga (todo tipo de ficheiros relacionados co Foro Internacional de Fotografía e cos seus certames) e de consulta de información ligada a anteriores convocatorias.
O redeseño, que de xeito paradoxal remodélase botando man dalgunhas das imaxes máis salientables das distintas mostras do Foro, achégase en tres linguas: galego, inglés e castelán.
Entre as novidades máis salientables que presenta inclúese unha galería (a través da que se pode ver de preto unha manchea de instantáneas de tódalas edicións da mostra) e un espazo multimedia que incorpora (entre outras cousas) vídeos sobre a xuntanza. Tamén se achega a posibilidade de consultar toda a información de Revela na escola e ver parte dos traballos gañadores nas anteriores entregas. A todo isto cómpre engadir a posta en marcha dun espazo de uso para xornalistas, achegándoselles un hemerográfico para baixar ou consultar notas de prensa, comunicados recentes ou cortes de audio. Asemade, o novo portal tamén dá acubillo á posibilidade adquirir en liña os catálogos das distintas edicións de Revela.
Cómpre sinalar que o foro é unha iniciativa do Concello de Oleiros que conta co apoio da Fundación María José Jove e da Deputación da Coruña.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?