Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha patente galega mellora a distribución de vídeo baixo demanda
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha patente galega mellora a distribución de vídeo baixo demanda

Raquel Noya
Publicado: 31/05/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

rafaelasorey.jpgMalia as constantes melloras coas que contan os sistemas de distribución de contidos sen fíos, tanto terrestres como por vía satélite, hoxe en día, dende a Universidade de Vigo aseguran que “seguen a persistir eivas que fan que este tipo de redes sen fíos adoezan dun comportamento variable, cunha efectividade e potencia que depende da posición do usuario, da limitación do longo de banda e da meteoroloxía, entre outros factores”. É por isto que o alumno de Enxeñaría de Telecomunicacións da devandita entidade académica, Rafael Asorey, vén de desenvolver, na súa tese de doutoramento, unha investigación cuxos resultados contribúen a optimizar e mellorar estes sistemas sen fíos e que xa deron como froito a publicación de doce artigos en congresos e revistas internacionais. Porén, o froito máis valioso recollido desta sembra foi a creación dunha patente para un sistema que mellora o funcionamento dos servidores que distribúen vídeo baixo demanda, solucionando os problemas de escalabilidade que se poidan dar. Asorey asegura que “propúxose un novo esquema de vídeo case baixo demanda con corrección implícita de erros sen necesidade de aumentar a utilización de largo de banda grazas ao aproveitamento da redundancia implícita que ofrecen estes esquemas”. As probas realizadas en redes WiMax amosan que o esquema proposto ten un comportamento “notable” e, como resultado destas contribucións, “destacan o desenvolvemento dunha biblioteca de funcións que permiten a adaptación de servidores de vídeo baixo demanda ao esquema proposto, que está recollido nunha patente”.
Porén o traballo de Rafael Asorey na súa tese de doutoramento non só abrangue a distribución de vídeo en redes inarámicas como WiFi ou WiMax, senón que tamén propón melloras na distribución de contidos en redes sen fíos, tanto terrestres como vía satélite. Neste senso, as achegas de Rafael Asorey para paliar os problemas que presentan o uso deste tipo de redes sen fíos (principalmente relacionados coa orografía do terreo, a meteoroloxía ou a distancia do usuario ás estacións base) centráronse na distribución de vídeo, por unha banda en directo e por outra baixo demanda, tema este último para o que propuxo a patente. No primeiro caso desenvolveu un prototipo que é quen de solventar problemas de posición dos usuarios xa que cando se difunde un vídeo a varios usuarios, os máis afastados teñen peor recepción e en consecuencia consomen máis recursos para acadar as mesmas prestación que os demais. Así, Asorey é quen de estimar a posición do usuario e adaptar a taxa do vídeo en tempo real “e os usuarios afastados reciben o vídeo a taxas inferiores e prodúcese un maior aproveitamento dos recursos do sistema”. Asemade, propuxo un algoritmo de asignación de canles de vídeo que permite maximizar o número simultáneo de canles e aumentar de xeito importante o número máximo de usuarios.
Na imaxe, o autor da patente, Rafael Asorey.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?