Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As universidades unen forzas para tirar abaixo a crenza de que o galego non serve para o eido investigador
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As universidades unen forzas para tirar abaixo a crenza de que o galego non serve para o eido investigador

Fernando Sarasketa
Publicado: 01/06/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O escritor e profesor da UDC, Xavier Alcalá, un dos promotores da iniciativa
O escritor e profesor da UDC, Xavier Alcalá, un dos promotores da iniciativa
Agora que se apunta a desvincular a nosa lingua das materias de estudo máis ligadas ao científico, ao tecnolóxico e á computación, as universidades galegas veñen de unir forzas para crear unha fronte común que traballe por botar abaixo a falsa crenza de que o noso idioma é incompatible co desenvolvemento investigador que xorde ao abeiro das escolas. Segundo se expresan as tres institucións de xeito conxunto, esta iniciativa a prol do galego como linguaxe científica ten a súa raizame en datos como o índice de emprego do idioma por parte do persoal docente e de investigación (só o 12% usa a nosa lingua), a taxa de alumnos (o 23%) ou a de graos (o 32%).
A proposta, que ten o seu xermolo na Universidade da Coruña (se cadra a que menos taxa de galego falantes ten), foi rapidamente asumida polas de Santiago e Vigo, todas elas baixo o lema En galego tamén se fai ciencia, un epígrafe que fala por si só.
A campaña foi presentada este mesmo luns polo reitor da UDC, José María Barja, nun acto oficial no que tamén estiveron presentes a secretaria xeral da USC, Isabel García-Rodejo, mailo vicerreitor da UVigo, Iván Area.
O alicerce da iniciativa conxunta, como dixemos máis arriba, é practicamente o mesmo có de calquera outra plataforma de promoción da lingua: tirar abaixo prexuízos. A diferenza, neste caso, radica en que os mitos se atopan no eido científico, ámbito que por contar con potencial de medre futuro e cunhas importantes ligazóns coa comunidade internacional presenta un salientable interese para a promoción da nosa cultura. Así se expresou sobre este punto Xabier Alcalá, escritor galego e, en calidade de profesor da UDC e promotor da lingua, presente no acto de sinatura: “Nas aulas non me molesto en falar castelán porque entendo que o castelán é galego oriental cualificado e mozarabizado e, polo tanto, debe ser obriga de casteláns cultos coñecer o galego”. Por certo que a proposta conxunta veu acompañada dun vídeo no que científicos galegos de todo o mundo amosan a súa adhesión á campaña, salientando os valores da nosa lingua como canle de comunicación investigadora: permítenos estar en contacto coa cultura propia, reforza a súa nosa capacidade de compresión (a máis idiomas que dominemos, meirande é) e ábrenos portas para a colaboración directa cos investigadores portugueses.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?