Ao longo da pasada semana, dende Código Cero fixémonos eco da I Xornada de Informática Xudicial e Delitos Informáticos que o CPETIG, en convenio coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, vai organizar na Toxa o vindeiro sábado, 5 de xuño, e hoxe, que temos o programa nas nosas mans, podemos adiantar, máis polo miúdo os relatorios que terán lugar na devandita xornada. O primeiro relatorio, que dará comezo ás 10:00 da man de Miguel Ángel Davara Rodríguez (presidente e fundador da firma madrileña de asesores xurídicos Davara&Davara), leva como nome O dereito ante as novas tecnoloxías, e orientará ás persoas asistentes no relativo aos seus dereitos no uso das TIC. O segundo dos relatorios leva por título A investigación de delitos por Internet e outras novas tecnoloxías, e será impartido por Eloy Velasco Núñez (maxistrado-xuiz instructor da Audiencia Nacional, e experto en delitos informáticos). Os seguintes relatorios terán lugar despois dunha pausa, necesaria para que as persoas asistentes collan folgos e interactúen entre elas sobre o tema principal das Xornadas: os delitos informáticos. O inevitable da proba electrónica nos procedementos xudiciais do século XXI, virá da man da avogada Paloma Llaneza e o que leva por título Práctica Forense: aseguramento, cadea de custodia e análise das evidencias informáticas, será impartido por Juan Salom Clotet (xefe do Grupo de Delitos Telemáticos da Gardia Civil). Ao remate das conferencias, o maxistrado do Tribunal Superior da Xustiza de Galicia, Juan Bautista Quintás Rodríguez moderará a mesa redonda, Cara a dixitalización da práctica forense. Desafíos e retos da proba electrónica na xustiza do século XXI, na que as persoas asistentes poderán participar e compartir as súas ideas sobre este eido. O prezo para asistir a esta xornada é de 75 euros, que inclúen o almorzo no Talaso Hotel Louxo, onde se celebran as xornadas.
O CPETIG ultima o programa da súa Xornada de Informática Xudicial
Últimos números da nosa edición impresa

Outras novas populares
BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
4 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Revista en papel
- As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
- A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
- Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
- Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
Subscríbete ao noso boletín
Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter

