Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lugo acolle a presentación oficial de Toupa.net
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lugo acolle a presentación oficial de Toupa.net

Raquel Noya
Publicado: 02/06/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

PRESENTACION_DE_TOUPA.NET.jpgToupa.net, a tenda en liña da compañía luguesa Lonxa Cultural, S.L. que botou a andar na Rede baixo o lema de cultura para levar (ao que lle podemos engadir sen medo a equivocarnos o noso selo: cultura galega para levar), vén de ser presentado oficialmente en Lugo, concretamente na Fundación Cel, como a primeira distribuidora que reúne nunha única plataforma web produtos culturais galegos de todos os ámbitos, que van dende os libros ata a música, pasando polo audiovisual e a banda deseñada.
A web, da que xa falamos en Código Cero con motivo da posta en marcha do seu proxecto editorial Módicos, para comercializar os seus propios libros de xeito exclusivo, fai tamén de espazo de venda creado nas claves de Internet, especificamente como comercio on-line B2C (dirixido ao consumidor), pero tamén como plataforma B2B (entre negocios).
Sergio Lago, que segundo afirman dende a entidade, “foi emprendedor do viveiro de empresas por dúas veces, co selo discográfico Falcatruada e coa distribuidora Lonxa Cultural”, afronta agora este terceiro proxecto innovador, e achegouse ata Lugo para explicar o seu funcionamento e os servizos que presenta, acompañado por Txiki Calvo, xefe de produto e responsable de contidos de Toupa.net.
Atendendo ao lema Cultura para levar, Toupa.net lánzase traballando nas liñas de venda ao cliente final, servizos a pequenas tendas con tarifas especiais para minoristas e servizos a bibliotecas, centros educativos e institucións que requiren fondos que resultan difíciles de atopar xuntos nun único espazo.
Porén isto só é o principio porque tanto Módicos como outras primicias en lanzamentos de produtos e ofertas exclusivas que están por vir, terán difusión a través dos espazos propios que ten Toupa.net nas súas redes sociais Twitter e Facebook, así como no blog Toupablog.net e no seu boletín electrónico de novas.
Esta ferramenta en liña, que saiu á Rede cun deseño moi funcional e atractivo para tódolos internautas, conta cun amplo catálogo de cultura para público adulto e infantil e unicamente require do rexistro das persoas usuarias cando estas precisen mercar algún dos seus produtos ou servizos.
Asemade, presenta distintas opcións de pago, con garantías no pedido e na compra, e con prazos de recepción establecidos en función da dispoñibilidade e do tempo de entrega do servizo loxístico; coa posibilidade, ademais, de efectuar devolucións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?