Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Caixa Galicia colaborará na nova campaña estatal de impulso ao DNI electrónico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Caixa Galicia colaborará na nova campaña estatal de impulso ao DNI electrónico

Fernando Sarasketa
Publicado: 03/06/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

DNIe-2-9f76a.jpgO Goberno central, a través da entidade público-empresarial Red.es, segue a buscar novos métodos de promoción das vantaxes do DNI electrónico, logo do relativo fracaso dos postos en marcha ata o de agora e, tamén (cómpre telo en conta), do claro desleixo que amosamos moitos cidadáns cara ás funcionalidades da nova tarxeta, presente xa en boa parte das carteiras da sociedade galega e española. A nova campaña de Red.es, que entre outras cousas responde ao baixo nivel de uso do DNI a través do computador (que por estas datas o ano pasado só chegaba a dous millóns e medio de operacións), parte da base de buscar todo tipo de apoios externos para reforzar a súa repercusión informativa, apoios entre os que se conta o de Caixa Galicia, tal e como se sinalaba hoxe mesmo en certos medios galegos e na propia web de Red.es. A financeira galega concorrerá con outras trece entidades neste reforzamento dos plans de divulgación do novo DNI, que forman parte do Plan Avanza2.
Estes son os restantes apoios: PC City, Banesto, Investrónica, Megasur, Bit4Id, Albalia, Oracle, Sage, Zylk.et, Alcampo, Toshiba e Infostock (Mybyte).
O seu cometido ao abeiro da campaña será ben diverso, e en cada caso particular atenderá á especialización e á experiencia de cada participante, que abrangue o deseño de programas, a fabricación de equipos ou a venda directa dos mesmos. Deste xeito, as tarefas poderán abranguer tódolos elos da cadea de promoción: dende a distribución de equipamentos informáticos con lector de eDNI integrado á deseño de novos servizos bancarios baseados ou apoiados no seu emprego, labor que case con toda probabilidade contará coa participación directa de Caixa Galicia e Banesto.
Asemade, impulsarase o desenvolvemento de software e servizos a través do eDNI e o seu emprego integral no equipo humano das entidades colaboradoras na iniciativa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?