Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Publicadas no DOG axudas para levar á práctica o Plan de Banda Larga da Xunta
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Publicadas no DOG axudas para levar á práctica o Plan de Banda Larga da Xunta

Raquel Noya
Publicado: 03/06/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

plan_banda_larga_lugo_01-7b028.jpg38 millóns de euros é unha cantidade que, malia que a moitos equipos de fútbol de España e do mundo non lle chegan para facer as súas fichaxes estrela (e nin con esas gañar unha liga), sí que poden facer moito por un país como o noso, sobre todo se se empregan para levar as Novas Tecnoloxías e Internet alá onde non se pode practicamente nin falar polo móbil.
Isto é o que pretende a Xunta co seu Plan de Banda Larga 2010-2013: levar a Rede a cada recuncho do noso país por afastado que estea das grandes cidades, e a teoría xa está a dar lugar á práctica, posto que o Diario Oficial de Galicia de hoxe (DOG), recolle a concesión de axudas, por valor de ata 38 millóns de euros, que concede a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica en réxime de concorrencia competitiva, para a creación de novas infraestruturas previstas no Plan de Banda Larga 2010-2013.
Trátase dunha cifra nada desprezable que servirá, entre outras cousas, para financiar a implantación de redes troncais de alta capacidade en núcleos de 100 habitantes nos que non presta servizo ningún operador así como para a extensión de redes de nova xeración en poboacións nas que se pode constituír unha importante demanda de acceso a este tipo de servizos, etc.
Segundo recolle o texto, o prazo de presentación de solicitudes é dun mes contado a partir de mañá e o obxectivo final é o de “comprometerse no despregamento e comercialización dunha rede de acceso de banda larga nos devanditos núcleos antes do ano 2013”.
Os responsables da iniciativa estiman que no período 2010-2012 “se vexan beneficiados ao redor de 100.000 habitantes”, que disporán de redes de transporte de alta capacidade capaces de habilitar redes de acceso a Internet mediante banda larga de calidade.
Asemade, para impulsar o despregamento de redes de nova xeración en núcleos nos que se pode crear unha importante demanda de acceso a este tipo de servizos, durante o transcurso dos vindeiros catro anos, a Xunta vai incentivar o desenvolvemento das redes de Nova Xeración (NGA´s) cun investimento de 28 millóns de euros.
A intención é “situar o noso país nunha posición punteira na implantación deste tipo de redes que, permiten fornecer servizos innovadores, mellorar a calidade ofrecida ao cliente e adaptarse máis rapidamente ás Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación”.
A estimación prevista polo Executivo é, xa que logo, “que no 2013 máis de 1 millón de habitantes se beneficien das Redes de Nova Xeración, que permitirán velocidades de servizo de 100 Mbps posibilitando así, o acceso a novos e máis avanzados servizos da sociedade da información”.
Ambas as dúas convocatorias forman parte do plan global para permitir situar a Galicia nun núcleo avanzado da sociedade da información, garantindo o despregamento de redes de servizo de banda larga de calidade nas zonas que actualmente máis o precisan así como, fomentando a competencia da oferta de servizo, con claros beneficios en custos, calidade e servizos para os usuarios finais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?