Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Rede galega amosa o seu compromiso co Día Mundial do Medio Ambiente (este sábado)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Rede galega amosa o seu compromiso co Día Mundial do Medio Ambiente (este sábado)

Fernando Sarasketa
Publicado: 04/06/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

adega_dia_medio_ambiente.jpgEste sábado 5 celébrase a nivel internacional unha xornada ben significativa para o noso futuro e que, tanto no papel como a nivel práctico, vai dirixida a que tomemos máis conciencia dos problemas medioambientais que nos conducen, de non variarmos o rumbo, directamente cara o quecemento climático e a desaparición de ducias de milleiros de especies animais e vexetais. Falamos do Día Mundial do Medio Ambiente, unha celebración que non é tal (posto que pouco hai que celebrar, tendo en conta a situación do planeta), e que na Rede galega semella estar atopando unha ampla repercusión. Para comezar, o labor de ADEGA, que na súa web anima á comunidade internauta a participar na mobilización do domingo (ás 12 horas no Obradoiro, en Compostela) e que ofrece en libre descarga o manifesto da xornada (en pdf).
Á achega de ADEGA (que representará en Santiago os efectos dunha promoción urbanística sen xeito, con construcións efémeras incluídas), cómpre engadir a de A viaxe polar (proxecto de divulgación que chega a Santiago da man do fotógrafo ferrolán Carlos Caraglia, máis polo miúdo á praza da Quintana cunha proxección nocturna a desenvolver na noite do venres ao sábado) ou a do Ateneo Ferrolán, que no seu blog informa da apertura este sábado dunha interesante escolma fotográfica sobre medio ambiente.
Asemade, cómpre sinalar as contribucións de Caixanova (que achega datos na Rede sobre a apertura de portas do seu centro Naturnova, con motivo da celebración deste 5 de xuño), do Museo do Mar de Galicia (poñendo en xogo obradoiros científicos e descargas), o Parque Tecnolóxico de Galicia (que organiza dende a súa web un concurso fotográfico sobre o noso medio natural) ou o CEIDA, que dende a súa páxina promove unha xornada de rutas e obradoiros por diversas paraxes naturais galegas e co apoio de diversas asociacións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?