Un equipo de investigadores españois e británicos interesados en coñecer o estado do afloramento das augas galegas, achegáronse recentemente ata preto de Cabo Silleiro, en Pontevedra, para dende alí lanzar un planeador submarino e estudar con el o tipo de producción florar que se dá no fondo das nosas costas.
O iRobot Seaglider, que así se chama o trebello, serviralle a este grupo de científicos para, entre outras cousas, estudar o afloramento das augas profundas cara a superficie, un fenómeno que incrementa a producción de fitoplancton e de pesca.
Os datos que aporte este dispositivo, que operará un maximo de seis meses nas nosas costas, poderanse extrapolar a outras áreas da Península Ibérica, e darán a coñecer mellor a dinámica das augas galegas, en especial durante o fenómeno do afloramento.
O equipo está formado por investigadores do CSIC e da Universidade de East Anglia (Reino Unido), os cales, a partir da información que recollan, poderán facer prediccións sobre o estado do mar ou sobre as derivas das larvas das especies de interese comercial e dos vertedoiros contaminantes.
A partir de agora, o planeador que o porta navegará baixo a auga para trazar perfís entre o fondo mariño e a superficie, dende a costa ata uns 150 quilómetros mar adentro, para, cada vez que saia á superficie, envíe (vía satélite) datos das condicións físicas da auga, tales como temperatura, salinidade, densidade, contido de clorofila e velocidade da corrente, entre outras.
A información recolectada polo planeador, o primeiro deste tipo que se deprega en augas galegas, será procesada por científicos do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC), en Vigo, e da Universidade East Anglia.
Este peculiar submarino, que deseñou a empresa estadounidense iRobot, é quen de sumerxerse a unha profundidade máxima de 1.000 metros; pesa 52 quilos, mide 2 metros de longo, carece de hélices, e o máis importante: non precisa combustible, tan só usa unha pequena batería que alimenta os seus sensores de baixo consumo.
Un robot submarino estudará o estado das costas galegas
Compartir Este Artigo

