
Entre os actos desenvolvidos para celebrar o cuarto de século do noso ente comunicativo por excelencia, destacaron os cursos de stop-motion, unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos capturando fotografías, que concluíu coa victoria do grupo de 1º de Bacharelato do Instituto de Ensino Secundario (IES) Leiras Pulpeiro de Lugo.
O grupo, composto por 25 rapaces con idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos, foi o que realizou a mellor das animacións das sete presentadas por cada un dos grupos participantes, procedentes das sete principais cidades galegas.
No concurso, cada aula contribuiu á animación da coñecida mascota da CRTVG, o Xabarín, dando lugar a unha peza final onde o personaxe animado cobra vida.
Este grupo de alumnos, xa que logo, recibirán o vindeiro 9 de xuño, no Centro Multimedia de Galicia (CMG), cadanseus diplomas acreditativos, así como unha videocámara dixital para que poidan facer as súas propias creacións audiovisuais cunha calidade óptima.
Durante o acto farase entrega asemade, dos galardóns correspondentes aos gañadores dos outros dous concursos desenvolvidos no marco das actividades organizadas pola Secretaría Xeral de Medios con motivo dos 25 anos da CRTVG, As mellores frases da dobraxe na Galega, no que a emblemática frase “A rañala, raparigo”, de Terminator, resultou ser a máis votada e Que esta a pasar nas aulas da Rede CeMIT con motivo dos 25 anos da CRTVG.
O IES Leiras Pulpeiro de Lugo gaña o concurso de stop-motion da CRTVG
Compartir Este Artigo

