Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A rede social Pleiteando.com inicia dende Lugo unha nova andaina en aberto
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A rede social Pleiteando.com inicia dende Lugo unha nova andaina en aberto

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/06/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

pleiteando.jpgPleiteando.com, rede social da que xa falamos nesta web con motivo da súa posta en marcha dende Lugo, vén de comezar unha nova andaina na Internet. O servizo en cuestión, que é o primeiro das súas características (2.0) que se materializa no eido estatal para tratar temáticas do eido xurídico, será a partir de agora máis aberto e máis universal. Segundo informan os responsables da web, habilitada dende o viveiro de empresas da Fundación CEL en febreiro de 2009, xa está dispoñible dende o pasado venres a beta pública de Pleiteando.com, o que entre outras cousas significa que se poden unir a ela todas/os as/os internautas que queiran formular e resolver problemas legais, establecer contactos profesionais ou compartir as súas cuestións de índole xurídico con xente que estivera ou que estea nunha situación semellante.
Asemade, engaden, o portal tamén estará a disposición da comunidade internauta cun bo número de servizos legais.
A web, para quen non o saiba, ten tres faces estruturadas con cadansúa función. En primeiro lugar, a propia rede social, habilitada para crear contactos profesionais e persoais. A continuación, o foro de dabe, onde se desenvolven e resolver cuestións legais e xurídicas. A novidade propiamente dita estaría na opción acabada de engadir para crear grupos específicos arredor de intereses comúns. Segundo informan os responsables da web, esta funcionalidade xa está a dar a os seus primeiros froitos, máis polo miúdo a través de colectivos en liña sobre a protección de datos, Web 2.0, comercio electrónico ou dereito de consumo. “Outras innovacións introducidas”, sinalan dende Lugo facendo referencia a máis novidades postas en xogo, “permítenlle a Pleiteando que os usuarios vinculen o seu perfil a outras redes sociais como Twiter ou Facebook, establezan seguimentos RSS das consultas, escriban no blog ou coñezan as noticias máis relevantes de España, América do Sur, Norteamérica e Centroamérica”. Amais de todo isto, cómpre sinalar que Pleitando lle deu forma (a través dun acordo con ConfirmSign) este ano ao evento LaconNetwork, unha xuntanza de profesionais especialistas en computación na nube e que xa leva celebradas cinco edicións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?