Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: INTECO informará na nosa terra dos seus servizos a prol da seguridade infomática nas empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

INTECO informará na nosa terra dos seus servizos a prol da seguridade infomática nas empresas

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/06/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

inteco-3.jpgO Seminario de Boas Prácticas na Xestión de Proxectos que o CPETIG ten programado para o vindeiro 17 de xuño contará para o seu desenvolvemento co decidido apoio do Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación a través do seu centro de resposta para incidentes de seguridade, o INTECO-CERT. Máis polo miúdo, a participación do Instituto no seminario (que dará comezo dende o Telecentro de Santiago ás 16.00 horas) materializarase principalmente en dar a coñecer ante as empresas galegas as funcións dos SXSI (Sistemas de Xestión de Seguridade da Información) como medidas de protección que complementan calquera operación de manexo ou control de datos.
Segundo avanza Iñigo Tomé (INTECO), presente na xornada cun relatorio sobre os servizos do Instituto no ámbito da salvagarda da información, os devanditos sistemas permiten que calquera organización poida contar cun proceso de xestión da seguridade totalmente integrado en tódolos chanzos do seu negocio, e cuxo fin principal é acadar un nivel axeitado de protección para os activos empresariais de información.
“A seguridade”, engade, “está cada vez máis presente en tódolos aspectos e facetas das organizacións e non só como un elemento integrado, senón tamén como un elemento asociado a actividades nas que o emprego de estándares e metodoloxías contrastadas é fundamental para a consecución dos obxectivos, como a xestión de proxectos”. A seu xuízo, xa non abonda con acadar uns axeitados niveis de calidade en tódalas fases dun proxecto senón que, ademais, cómpre facelo mantendo tódalas esixencias de seguridade establecidas nas organizacións que participen. De feito, engade, a garantía deste nivel de seguridade é xa parte cotiá dos requirimentos que deben cumprir as empresas durante a execución das súas iniciativas. De aí que sexa preciso coñecer ben as vantaxes das ditas certificacións SXSI neste eido. Durante o seminario tamén se fará fincapé nas diversas actuacións que INTECO está a desenvolver no eido da seguridade, a través de CERT.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?