Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Aumenta o spam relacionado co Mundial de Sudáfrica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Aumenta o spam relacionado co Mundial de Sudáfrica

Raquel Noya
Publicado: 07/06/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

spam_mundial.jpgComo xa apuntamos neste medio en anteriores ocasións, as datas sinaladas no calendario como o Nadal, o Día do Pai e da Nai, o día de San Valentín, etc., multiplican de xeito desconsiderado o envío de mensaxes de spam ás nosas contas de correo electrónico, con ofertas á “nosa medida” para mercar “o regalo ideal” para os nosos familiares e amigos.
Porén non só este tipo de eventos son carne de canón para os temidos spammers, senón que as competicións deportivas como poden ser a Eurocopa, as Olimpíadas ou agora o Mundial de Fútbol de Sudáfrica, son momentos óptimos para poñer a andar os miolos e buscar a maneira de estafar aos internautas afeccionados a estas cousas.
De feito, segundo veñen de informar os especialistas de Symantec Security Response, unha compañía especializada en protección e administración de datos, o spam sobre a Copa do Mundo 2010 da FIFA “incrementouse preto dun 27 por cento nos últimos días” e ben seguro que se ha de ir incrementando conforme se achegue a data de inicio, o vindeiro 11 de xuño.
Ata o de agora, a compañía identificou diferentes tipos de enganos, phishing e spam que conteñen arquivos adxuntos maliciosos relacionados co evento deportivo máis grande do ano.
De feito, as persoas usuarias de contas de correo electrónico e de Internet en xeral, poderán recibir nos vindeiros días varios tipos de spam, como ofertas para entradas, vídeos falsos que supostamente mostran as mellores xogadas e que no seu lugar distribúen malware ou ofertas enganosas sobre produtos oficiais da FIFA.
Dende a compañía informan que debemos ter coidado con palabras “obvias” usadas neste tipo de correos para darnos conta de que pode tratarse de correo non desexado, tales como “FIFA 2010”, “2010 FIFA”, “Football World Cup” e “FIFA World Cup”.
As previsións son agora que, tal e como se veu incrementando o este tipo de spam mes a mes, conformen pasen os días, o volumen incrementarase considerablemente ao longo desta semana e da que vén.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?