Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O verán preséntase moi tecnolóxico no Campus de Ourense
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O verán preséntase moi tecnolóxico no Campus de Ourense

Raquel Noya
Publicado: 08/06/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Campus_ourense.jpgAs persoas do campus de Ourense que se encargan de que cada verán, os alumnos e alumnas da Universidade de Vigo non se aburran e poidan sacar todo o proveito posible do seu tempo libre, xa teñen todo a punto para dar comezo aos seus cursos de verán deste ano que, por certo, veñen para tódolos gustos.
O programa de actividades inclúe un amplo abano de temáticas que van dende a enoloxía ata as novas tecnoloxías, pasando polos medios audiovisuais e a tradición etnográfica, etc. así ata completar un total de 14 cursos a desenvolver no propio campus e nos concellos de Bande, Celanova, Xinzo de Limia e Muíños.
O campus de Ourense, que segundo subliñou o vicerrector en funcións, Juan Francisco Gálvez, “é o que máis cursos de verán oferta de toda a Universidade de Vigo”, conta cun apoio económico que ascende a 67.000 euros, cos que pode ofertar tal magnitude de actividades.
O primeiro dos cursos que terá lugar dentro da programación de actividades é o que trata da Fiscalidade sobre a renda das persoas físicas, dirixido polos profesores Alberto Vaquero e Fidel Picos e que se desenvolverá durante os días 8 a 15 de xuño no Edificio Xurídico-Empresarial.
Asemade, para este mes de xuño hai previstos outros tres cursos máis sobre arqueoloxía, enoloxía e novas tecnoloxías, este último campo contará cun estudo das ferramentas de seguridade en GNU/Linux impartido polo profesor Francisco José Ribadas e cun curso sobre a web 2.0 para empresas e negocios a cargo de Enrique Barreiro e Francisco Javier Rodríguez.
O mes de xullo comezará cun curso sobre cine e televisión dirixido por Miguel Anxo Fernández que se desenvolverá durante os días 7, 8 e 9 de xullo en Celanova.
Esta acción formativa chega este ano á súa sétima edición e nela intervirán ata 30 relatores entre actores, directores e persoas vinculadas ao mundo audiovisual que, segundo afirmou na súa presentación o xerente da Fundación Carlos Casares, Gustavo Garrido, “analizarán os profundos cambios que se están a dar tanto na televisión coma no cine e que fan que os estudantes que saen agora ao mundo laboral atopen un panorama moi distinto ao que había cando comezaron a súa formación”.
Os cursos seguiranse a desenvolver ata o mes de novembro afondando noutras temáticas como o entroido, o emprendemento, a educación ambiental e as redes sociais, entre outras.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?