
A ferramenta, que poderá ser consultada dende o móbil, subministrará información sobre os emprazamentos da Estrada que todo turista non pode deixar de coñecer, engadíndose a cada un deses puntos as coordenadas e a localización exacta. A información achegada completarase con datos sobre as máis importantes celebracións e os servizos hostaleiros que os usuarios teñen ao seu alcance. A ferramenta disporá de tres terminais para botar man destes contidos a través de Bluetooth, terminais que estarán emprazados na praza do Concello, en A Farola e na oficina de turismo. Tamén se poderá facer uso da páxina municipal co mesmo fin.
A Estrada empregará Bluetooth para informar aos turistas dos seus puntos de interese
Compartir Este Artigo
