Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: José Luis Iparaguirre falará de cómo optimizar proxectos no vindeiro seminario do CPETIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

José Luis Iparaguirre falará de cómo optimizar proxectos no vindeiro seminario do CPETIG

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/06/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cpetig-e6bec.jpgO Seminario de Boas Prácticas en Xestión de Proxectos que se celebra no Telecentro de Santiago o día 17 (en conexión directa cos telecentros de Vigo, Ourense, A Coruña e Lugo) servirá entre outras cousas para pór en contacto aos profesionais galegos do eido TIC con especialistas de todo Estado en materia de calidade empresarial pola vía das novas tecnoloxías. Entre estes últimos, participará nas xornadas (que organiza o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia) José Luis Iparaguirre, que ofrecerá a partir das 19.00 horas un relatorio sobre A mellora cuantitativa.
Iparaguirre, que foi recoñecido coa certificación de High Maturity Lead Appraiser (que avala o seu coñecemento e experiencia para realizar diagnósticos de madurez nas empresas), falará das pequenas e grandes cousas que diferencian un éxito dun fracaso empresarial, malia que as compañías que toman un camiño ou outro compartan persoas, clientes ou mesmo experiencia.
Isto que é aplicable ao eido xeral de mercado, sostén, tamén se pode levar ao específico, ao traballo despregado en contornos produtivos concretos, que comparten con contornos de éxito operarios, materias primas ou máquinas e que poden dar como resultado lotes defectuosos. “A orixe do problema”, avanza o propio Iparaguirre co fin de dar unhas cantas claves do miolo do seu relatorio, “é innata á propia evolución dos procesos de traballo en calquera actividade industrial”. Na súa opinión, é crucial que nos fagamos as seguintes preguntas: Son estables os meus procesos? Entendo o impacto de cada un deles no produto final que estou a realizar?
“As técnicas de control estatístico de procesos”, engade, “permitirán a eliminación das causas que provocan o espallamento dos resultados dos proxectos, mellorando entón a estabilidade dos resultados e, unha vez acadado o obxectivo de equilibro prefixado, suprimir as causas da ineficacia dos procesos, optimizando os froitos de cada iniciativa e facendo medrar o que hai de predicible nos mesmos”. Segundo conta, o emprego de diagramas de control e box-plots para estabilizar os chanzos dun proxecto e máis o uso de modelos predictivos nas fases temperás do mesmo achegan escenarios de redución progresiva dos custes e prazos das iniciativas despregadas, con medres paralelos da súa calidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?