Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Satdata presenta unha ferramenta que integra tódolos procesos das empresas de transporte
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Satdata presenta unha ferramenta que integra tódolos procesos das empresas de transporte

Fernando Sarasketa
Publicado: 11/06/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

satdata_spyro.jpgA empresa galega Satdata Telecom presentou en Madrid un novo software encamiñado directamente a facilitar tódolos procesos empresariais das compañías de transportes, non só os traballos relativos ao control de flotas, senón tamén o que se englobaría dentro da xestión administrativa e dos datos da organización. A ferramenta, que foi presentada de xeito conxunto coa firma Spyro, chega ao mercado coa seguinte denominación: 2flot. Diríxese sobre todo a operadores loxísticos e é froito de meses de traballo conxunto entre ámbalas dúas firmas (2.000 horas de I+D), Satdata achegando a súa experiencia na implantación de solucións e ferramentas (400 empresas en carteira, e máis de 15.000 vehículos tratados) e Spyro poñendo en xogo a súa bagaxe co software de xestión empresarial propio de seu e específico para o eido do transporte.
A solución, que xa foi presentada perante medio centenar de firmas do sector (xerando un gran interese), “foi instalada con éxito nun operador loxístico”, informaron os responsables da plataforma. E continúan, afondando nas súas vantaxes: “Coa nova plataforma é posible que tódolos usuarios da empresa de transporte poidan dispor no intre e en tempo real da información de xestión empresarial e de tráfico, para que cada un deles sexa quen de visualizala e tratala atendendo ás necesidades que precise o seu posto de traballo”. Grazas a esta posibilidade, a ferramenta ten capacidade de diminuír con moito a marxe de erros. Coa implantación deste recurso, engaden, a información é creada unha soa vez, e a partires de aí, flúe no proceso administrativo atravesando tódalas fases necesarias, dende a alta de pedidos ou servizos ata a confirmación de chegada do envío ou a xestión de cobros. Estas son algunhas das súas funcionalidades principais:
Módulo Administrativo
Alta de servizo (Control de orixe/destino).
Configuración de prezos (diferentes criterios).
Documentación e contratos.
Planificación con recursos propios e/o subcontratados.
Creación de ordes de carga de maneira automática.
Recepción de alarmas no caso de que se poda producir un incumprimento.
Facturación automática e rápida.
Información polo miúdo de cada un dos servizos (inicio-fin).
Xestión de Carteira (Cobros – Pagos – Impagados- Remesas).
Módulo Tráfico
Control en tempo real dos tempos de Tacógrafo Dixital.
Asignación de servizos baseado nas horas dispoñibles por chofer.
Seguimento de vehículos, control de zonas, rutas, alarmas, entregas, recollidas.
Control dos consumos reais e axuda á condución eficaz.
Uso de formularios polo chofer cos datos de los servizos a realizar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?