Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presentada en Vigo a campaña das universidades para defender o galego na ciencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presentada en Vigo a campaña das universidades para defender o galego na ciencia

Fernando Sarasketa
Publicado: 11/06/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Edita de Lorenzo, Iván Area, Iolanda Galanes, Xosé Henrique Costas, Manuel Núñez Singala e Carlos Amoedo
Edita de Lorenzo, Iván Area, Iolanda Galanes, Xosé Henrique Costas, Manuel Núñez Singala e Carlos Amoedo
Ciencia e galego non teñen porqué camiñar afastadas. Máis ben o contrario: a nosa lingua está perfectamente capacitada para comunicar contidos vinculados á tecnoloxía e á investigación, non só por antigüidade senón polo papel no presente que despregan galegofalantes da primeira liña científica, como por exemplo Anxo Carracedo (experto en ADN), Xavier Alcalá ou Jorge Mira. Estes e outros profesionais da investigación son precisamente os promotores da campaña En galego tamén se fai ciencia, iniciativa da que xa falamos nesta web e que vén da man das tres universidades galegas. Pois ben, a campaña, lonxe de ir esmorecendo, recibiu estes días un novo pulo das ditas institucións educativas e dos seus integrantes, obxecto xa de apoios doutras entidades e de outros eidos de traballo, tal como se fixo saber onte nunha cita cos medios convocada en Vigo.
Na cita, entre outros membros da comunidade científico-docente galega, estivo presente Iván Area, vicerreitor en funcións de Relacións Institucionais, quen salientou o pouco peso que teñen os argumentos en contra do emprego da nosa lingua no dito eido e puxo de manifesto, pola contra, as moitas vantaxes que achega o manexo de varios idiomas.
Na presentación da campaña no Campus de Vigo, Area defendeu que a lingua galega é apta para todas as disciplinas e que se non é así perde tanto a diversidade cultural, coma os galegos e a propia ciencia.
O vicerreitor en funcións estivo acompañado polos responsables de Normalización Lingüística das universidades de Vigo e Santiago de Compostela, Xosé Henrique Costas e Manuel Núñez Singala; o secretario xeral da Universidade da Coruña, Carlos Amoedo; a directora da ETSE de Telecomunicación, Edita de Lorenzo e a profesora Iolanda Galanes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?