Feiraco, unha das empresas do país que máis probas de respecto cara ao consumidor galego ten dado (envasando leite de aquí e certificándoo, dando emprego directo a centos de persoas e achegando comunicación en galego nos seus produtos), semella dar sinais de ir baixando a garda no que se refire esta estratexia. Tal como se nos recorda estes días dende a web da CiberIrmandade, este respecto coa sociedade galega (que a fin de contas é a que lle deu principalmente sustento) non é verificable xa no que rodea ao seu novo produto Unicla, marca coa que Feiraco quere afianzar a súa presenza no eido dos produtos saudables.
Segundo se pode ver na web deste produto, o galego brilla pola súa ausencia.
A xuízo da CiberIrmandade, resulta unha mágoa que Feiraco abandone a súa liña de galeguización, polo que (como vén sendo costume) xa habilitou na Rede un prego para que a comunidade internauta galega lle faga saber a súa arela de recuperar a política de respecto amosada previamente.
E continúa: “Feiraco é unha empresa galega cunhas actividades que afectan a unhas 35.000 persoas da comarca da Barcala e dos concellos noroccidentais de Galiza; é respectuosa cos clientes utilizando o noso idioma nos produtos que comercializa, mais tamén temos que trasladarlle a nosa preocupación polo seu novo produto, a marca de leite UNICLA, que tanto no envase como na páxina web exclusiva non ofrece opción de lingua galega aos seus visitantes”.
Pídenlle a Feiraco que siga apostando polo galego na Rede
Compartir Este Artigo
