
A folla de ruta que establece 2014 Axenda Dixital de Galicia determina unha serie de obxectivos estratéxicos que pasan por crear emprego e riqueza, construír unha administración máis eficiente e próxima, capacitar aos cidadáns dixitalmente para o mercado global e dotar á Comunidade dunhas infraestruturas de telecomunicación modernas e sostibles.
2014 Axenda Dixital de Galicia dá resposta ás necesidades actuais e futuras recollidas nas principais estratexias tanto europeas como rexionais. En primeiro lugar, está aliñada coa Estratexia 2020, unha estratexia europea definida entorno a tres prioridades que se reforzan mutuamente: un crecemento intelixente baseado no coñecemento e a innovación; un crecemento sustentable que faga un uso máis eficaz dos recursos, que sexa máis verde e competitivo; e un crecemento integrador cun alto nivel de emprego, de produtividade e de cohesión social e territorial.

Finalmente, a primeira Axenda Dixital de Galicia está perfectamente aliñada co Plan Estratéxico Galicia 2010-2014 que aposta por un novo modelo de crecemento baseado na economía do coñecemento, a dinamización económica e a sustentabilidade; pola redución da fenda dixital como elemento clave para a cohesión territorial e social; pola promoción do desenvolvemento tecnolóxico e da creación de empresas baseadas no coñecemento e a tecnoloxías; polo fomento das TIC e en definitiva, por facer de Galicia un lugar para vivir, traballar e investir a través das novas tecnoloxías.
A Axenda Dixital de Galicia marcará as políticas TIC para converxer con Europa
Compartir Este Artigo
