Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Cluster TIC proponlle á Xunta un pacto tecnolóxico-industrial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Cluster TIC proponlle á Xunta un pacto tecnolóxico-industrial

Raquel Noya
Publicado: 16/06/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Alberto Núñez Feijoo e Mar Pereira nunha xuntanza con representantes do Cluster TIC
Alberto Núñez Feijoo e Mar Pereira nunha xuntanza con representantes do Cluster TIC
O Cluster TIC Galicia, unha asociación formada recentemente por máis dun cento de empresas e entidades para, entre outras cousas, potenciar a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico do noso país, vén de reunirse co presidente da Xunta, á cabeza do seu presiente, Rafael Valcarce Baiget, para facerlle chegar o seu interese por impulsar o sector das TIC en Galicia.
No encontro, no que tamén participou a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, María del Mar Pereira, os responsables do Cluster TIC expuxeron ante o máximo responsable do Goberno da Comunidade Autónoma Galega a relevancia do sector das Tecnoloxías de Información e das Comunicacións no conxunto da economía de Galicia, destacando a “alta capacidade das empresas e entidades deste sector para a innovación e a mellora da produtividade do conxunto do tecido produtivo do país”.
Neste senso, os responsables do Cluster TIC Galicia valoran positivamente a política en materia de TIC e Telecomunicacións impulsada pola Xunta de Galicia e pola súa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e presentaron un conxunto de propostas que, mantendo a mesma dirección, aseguraron, “permitirán dar un importante salto adiante”.
Así, propuxeron a posta en marcha dun gran pacto tecnolóxico-industrial para Galicia, un marco dentro do cal, segundo informaron, “cada sector produtivo definirá un plan de demanda anticipada”.
Artellaranse, segundo o previsto, “por medio dun diálogo profundo entre as Administracións, os axentes sociais, os sectores empresariais, industriais e tecnolóxicos e o sistema educativo”, e o Cluster TIC Galicia “liderará e coordinará o papel das empresas tecnolóxicas, facendo valer o carácter transversal das súas solucións para avanzar na modernización da industria galega e na mellora da súa competitividade”.

Captación de investimento: 200 millóns en catro anos
Outra das propostas que o Cluster TIC presentou ao máximo responsable do Goberno de Galicia foi a posta en marcha dun plan de atracción de investimentos nos sectores TIC. As empresas do Cluster comprométense a captar 200 millóns de euros de inversión en catro anos. Para iso, segundo anunciaron, “contarán cos fondos de capital risco e coas axencias públicas de promoción económica”.
Os responsables da iniciativa pretenden, deste xeito, atraer start-ups e empresas do sector das enerxías limpas, así como facer que o fenómeno da deslocalización vire o seu sentido e teña unha repercusión positiva na creación de postos de traballo na Comunidade Autónoma.
Finalmente, o Cluster TIC presentou o seu plan para impulsar un cambio de mentalidade en todos os ámbitos da sociedade galega, de cara a impulsar a demanda anticipada das novas tecnoloxías, considerando a este sector como clave para o desenvolvemento do país.
Na imaxe, de esquerda a dereita: Antonio Rodríguez del Corral, vicepresidente do Cluster TIC Galicia, Rafael Valcarce Baiget, presidente do Culster TIC Galicia; Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia; María del Mar Pereira, secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica; Jorge Cebreiros Arce, secretario do Cluster TIC Galicia, e Ricardo Fernández Fernández, tesoureiro do Cluster TIC Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?