Mañá xoves, 17 de xuño, o salón de actos do Edificio CEI da Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia) en San Cibrao das Viñas, Ourense, vai dar acollida á presentación, por parte de investigadores mozos adestrados nas súas instalacións, dun prototipo sonda espacial co que competirán na Universidade de Standford.
No acto intervirán, entre outros, Ricardo Capilla, director xeral de I+D+I da Consellería de Economía e Industria, Manuel José Fernández Iglesias, próximo vicerreitor de Internacionalización da Universidade de Vigo e como non, os grupos de estudantes participantes nos programas Aulas de I+D e Novos Científicos, os encargados de presentar os seus proxectos e prototipos.
Estes programas son unha iniciativa de Tecnópole, co soporte técnico da empresa Intellectia Bank, dirixidos á formación práctica de estudantes de entre 14 e 17 anos de idade en investigación científica e I+D+I aplicada.
Investigadores mozos da Tecnópole presentan os seus proxectos de I+D no CEI
Compartir Este Artigo

