Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Expertos en informática xudicial reunidos polo CPETIG avogan por adaptar a Xustiza ao novo tempo dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Expertos en informática xudicial reunidos polo CPETIG avogan por adaptar a Xustiza ao novo tempo dixital

Fernando Sarasketa
Publicado: 17/06/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Os participantes no congreso, fotografados por todogrove.com
Os participantes no congreso, fotografados por todogrove.com
A novos delitos, novas tecnoloxías. Este ben puído ser un punto de vista axeitado para encarar unha xuntanza como a celebrada hai uns días na Illa da Toxa, a I Xornada de Informática Xudicial e Delitos Informáticos, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG). O encontro, que reuniu no Hotel Talaso Louxo a algúns dos máis recoñecidos expertos en materia de tecnoloxías e xustiza, serviu entre outras cousas para facer fincapé na necesidade de actualizar dende o punto de vista dixital tódalas frontes posibles de investigación, tanto no que se refire ao funcionamento interno da Xustiza como no que atinxe á resolución de delitos. Só así, concluíron os asistentes, será posible facer fronte ás múltiples faces que a delincuencia adopta nesta Sociedade da Información.
Por certo que hoxe mesmo se celebra dende Santiago unha nova xuntaza organizada polo Colexio galego, o Seminario de Boas Prácticas en Xestión de Proxectos.
A xuízo dos participantes no seminario co que abrimos este texto (dirixido sobre a avogados, xuristas e enxeñeiros informáticos), é máis preciso que nunca contar cun corpo de peritos especializados en novas tecnoloxías para localizar e perseguir delitos en Internet. Para o CPETIG, a arela en cuestión podería resumirse e sintetizarse na posta en marcha dun novo CSI, ou sexa, unha fronte especializada de traballo integrada por peritos informáticos formados no rastrexo e no exame de pescudas e probas ao abeiro das canles dixitais, emprazamentos que ao seren virtuais e non estar suxeitos ao noso tradicional xeito de interactuar co medio, non poden ser estudados dende os puntos de vista xa afianzados.
Un exemplo disto sería a inexistencia nestas canles de pegadas dactilares nin de nada que se asemelle. Cómpre pois mudar de modelos, e comezar a pensar en ronseis dixitais antes que en pegadas. A este respecto, o CPETIG quixo deixar claro o gran potencial dos profesionais aos que dá acubillo á hora de contribuír á resolución dos devanditos traballos.
Como dixemos, pola xornada pasaron importantes profesionais deste eido, como por exemplo Miguel Ángel Davara, catedrático de Dereito Informático, quen amosou polo miúdo o seu punto de vista a favor da devandita adaptación da lei ao ámbito dixital. Ao seu xuízo, os eidos xudicial e lexislativo deben afacerse “a marchas forzadas” a esta nova realidade que é a informática. Pola súa parte, Eloy Velasco (maxistrado-xuíz da Audiencia Nacional) avaliou en detalle os problemas actuais en materia de emprego de probas informáticas nun proceso nos tribunais, probas que en ocasión acaban por entrar en grandes “incongruencias na normativa”. Dende o seu punto de vista, cómpre ter en conta que hai delitos informáticos e tradicionais, e as probas que acheguen os primeiros deben ser avaliadas no mesmo rexistro, tentando asegurar os factores brevidade e máis axilidade, xa que o tempo moitas veces acaba por irse en traslados a unidades policiais.
A avogada Paloma Llaneza, pola súa parte, falou da necesidade de habilitar unha nova lei de proba que estea en meirande sintonía coas novas circunstancias tecnolóxicas que nos tocou vivir, mentres que Juan Salom, xefe do Grupo de Delitos Telemáticos da Garda Civil, afondou nos detalles inherentes a un proceso de investigación de delitos posto en marcha polo corpo que representa (especializado contra a criminalidade que se afianza ao abeiro das redes), amais de expor polo miúdo os problemas aos que este se enfronta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?