Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Estudantes de Psicopedagoxía deseñan blogs de orientación para o alumnado da ESO
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Estudantes de Psicopedagoxía deseñan blogs de orientación para o alumnado da ESO

Raquel Noya
Publicado: 17/06/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gal2uvigo.jpgMargarita Valcarce é unha profesora da Universidade de Vigo que un bo día decidiu aplicar as novas tecnoloxías ao ensino e mellorar as súas clases de Orientación Profesional, materia que imparte no 5º curso de Psicopedagoxía da Facultade de Ciencias da Educación en Ourense; porén non se limitou a levar as TIC á aula senón que foi máis alá e propúxose ensinarlle aos seus alumnos a botar man das ferramentas tecnolóxicas e Internet para mellorar as súas clases o día de mañá, cando se convirtan en futuros formadores. A experiencia resultante foi, para os seus alumnos e alumnas, “innovadora, gratificante e moi positiva” posto que a docente animounos a deseñar blogs con información de utilidade para o estudantado da ESO abordando deste xeito o proceso de orientación no ensino secundario prestando asesoramento e axuda na toma de decisións vocacionais.
En palabras de Valcarce, o resultado foi “moi positivo”, posto que en dúas clases prácticas (4 horas de traballo na aula) os preto de 60 alumnos da materia, divididos en grupos, foron quen de deseñar e elaborar 9 blogs que fican agora na Rede agardando ser de utilidade para todos aqueles alumnos e alumnas da ESO que precisen dunha orientación na súa traxectoria académica e profesional.
O primeiro paso do traballo foi abordar a parte teórica da materia para deseñar e estruturar despois o contido do blog, e trasladar a información resultante ao Blogger, unha ferramenta de publicación de blogs de balde. O resultado son os 9 blogs que se atopan xa na Internet con información que recolle, principalmente, temas de utilidade para o estudantado da ESO, como as saídas académicas e laborais ás que poden acceder ou orientación, guías e outros recursos web que lles poden ser de utilidade, en resumo, e segundo palabras de Valcarce, “toda a información necesaria para poder facer unha toma de decisións cualificada de cara ao seu futuro profesional”.
Entre os blogs que xurdiron desta iniciativa destacan Y yo que quiero ser, Todos Orienta2, Orientación Académica y Profesional, ou Orientación Profesional que lle ofrece á comunidade internauta a posibilidade de participar no seu contido e contribuír así á súa mellora.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?