Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Axenda Dixital 2014.gal creará 12.000 postos de traballo e incrementará o peso das TIC no PIB galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Axenda Dixital 2014.gal creará 12.000 postos de traballo e incrementará o peso das TIC no PIB galego

Raquel Noya
Publicado: 17/06/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

feijoo_axenda_dixital_2014.gal.jpgAumentar en 1.300 millóns a actividade económica no sector das TIC, incrementar en 1,2 puntos o peso do devandito sector no PIB e sobre todo, e máis importante, crear 12.000 postos de traballo en Galicia ata 2014 son, entre outros, os principais obxectivos que o Goberno galego quere cumprir a través da Axenda Dixital 2014.gal, autorizada hoxe mesmo na reunión do Consello da Xunta, onde primaban as axudas extraordinarias para reparar os danos ocasionados polas recentes inundacións en parte do país.
O presidente do noso Executivo, Alberto Núñez Feijóo, salientou que a Axenda Dixital 2014.gal “mobilizará 1.600 millóns de euros ata 2014”, unha cifra coa que se tratará de dar conta de todas as estratexias de Administración autonómica que o seu equipo ten programadas en materia de tecnoloxía.
O obxectivo é, segundo apuntou, “universalizar o acceso das persoas, as empresas e as administracións ás Tecnoloxías da Información e da Comunicación, e que o sector TIC actúe como panca para saír da crise”.
Núñez Feijóo explicou que a Axenda Dixital de Galicia responde ao obxectivo do Plan estratéxico de “multiplicar por catro os recursos dedicados á Sociedade do Coñecemento” e sinalou as súas cinco liñas estratéxicas, que se resumen nas que seguen: a competencia dixital de cidades e empresas como unha das bases para a creación de emprego, o cambio profundo no modelo produtivo das nosas empresas, a modernización da Administración para facela máis eficiente, eficaz e próxima, a conversión do sector das TIC nun sector estratéxico de futuro, e a iniciativa da Xunta para actuar como un motor no ámbito das TIC.
No transcurso da súa comparecencia, Nuñez Feijóo engadiu que algúns dos obxectivos concretos desta Axenda Dixital son que en 2014 todos os expedientes administrativos da Xunta poidan tramitarse por Internet e que os traballadores públicos manteñan competencias dixitais para conseguir unha “verdadeira administración electrónica”.
A Axenda contempla asemade o “acceso a Internet para o 100 por cento da poboación, facer de Galicia un sitio no que investir en materia de TIC e conseguir que o primeiro consumidor das Tecnoloxías da Información no noso país sexa a Administración autonómica”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?