Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O persoal docente da Universidade de Vigo aprende a crear as súas propias webs persoais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O persoal docente da Universidade de Vigo aprende a crear as súas propias webs persoais

Raquel Noya
Publicado: 17/06/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Uvigo_obradoiro_paxinas_web.jpgO vindeiro luns, 21 de xuño, dará comezo no Edificio Ferro do Campus de Ourense, un peculiar obradoiro no que as persoas asistentes (preferentemente persoal docente) terán a oportunidade de aprender a deseñar e crear a súa propia páxina web persoal, dende a cal proxectar na Rede as súas inquedanzas ou contidos profesionais e docentes.
O curso, que impartirá o profesor da Escola Superior de Enxeñaría Informática, José Luis Martínez Orge, consta de 20 horas lectivas que se repartirán ao longo de 10 días (21, 22, 23, 24, 28, 29 e 30 de xuño e 5, 6 e 7 de xullo) en sesións de dúas horas de duración cada unha.
A finalidade do obradoiro é que as persoas asistentes adquiran a capacitación adecuada para crear páxinas web persoais que inclúan contidos relacionados coa docencia e a investigación sen descoidar o aspecto básico do deseño. De feito, segundo palabras de Martínez Orge, “este é o apartado do curso máis destacable” pois as clases orientaranse de tal xeito que primen as interioridades do deseño e a creación.
O programa do curso comezará cunha introdución a Internet na que o alumnado coñecerá as posibilidades que pode achegar a comunicación a través das páxinas web e os elementos físicos que a permiten. Outros contidos do seminario son a ferramenta de desenvolvemento Dreamweaver, o deseño e a maquetación das páxinas web así como a estrutura das mesmas, a creación de contidos para que o sitio web se axuste a unha páxina persoal co perfil de docente, a aplicación de estilos a esas páxinas web para cambiar a súa aparencia e, finalmente, o mantemento do sitio para que o docente saiba como ter actualizada a súa web e como xestionala de forma eficiente unha vez que a publique.
O profesor Martínez Orge cualifica de “moi importante” a adquisición de coñecementos sobre a creación de páxinas web persoais “porque lles van permitir aos asistentes deseñar os seus propios contidos e a súa propia web sen empregar un sistema herdado ou ríxido que non permita modificar a maneira de amosar e de xestionar os contidos. Con este curso os docentes poderán empezar o seu propio deseño dende cero e construír o seu sitio persoal con total liberdade e ao seu gusto”, afirma. O informático sinala tamén que a adquisición destes coñecementos serviralle aos docentes da Universidade “como apoio á súa actividade docente e investigadora”, declara.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?