Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presentada no CISTI unha ferramenta para levar aos móbiles dos peregrinos a información sobre o Camiño
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presentada no CISTI unha ferramenta para levar aos móbiles dos peregrinos a información sobre o Camiño

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/06/2010
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Cisti10.jpgEstes días son días de innovación entrecruzada para Compostela. Máis polo miúdo, para a súa Universidade, que mantén aberta dende o mércores 16 a quinta Conferencia Ibérica de Sistemas e Tecnoloxías da Información (CISTI 2010), unha xuntanza de especialistas TIC de eido galego, portugués e español e que ten como centro de operacións o Hotel Congreso. Neste emprazamento, entre outras cousas, estanse a pór en debate uns 30 proxectos de teses de doutoramento perante seis tribunais integrados por profesores universitarios do ámbito peninsular. O evento, que está dirixido polo profesor Manuel Cota (Universidade de Vigo), busca interconectar en todo o sentido da expresión, de aí que se ofrezan conexións por videoconferencia con entidades educativas de Brasil e Bolivia.
Entre outras achegas, a conferencia serviu que o Grupo de Investigación de Sistemas Intelixentes da USC dese a coñecer un recurso para o manexo da información turística ligado ao Camiño de Santiago e que ten grandes posibilidades no que se refire ao asesoramento dos peregrinos a través de dispositivos móbiles.
Isto está a propiciar a creación de comunidades de internautas vinculados ao Camiño que empregan os seus aparellos (teléfonos, PDAs, etc) para introducir e consultar información de todo tipo sobre o itinerario. “Manexan información xeográfica que poden anotar para almacenala na comunidade virtual, de xeito que os seus membros poidan facer uso dela”, informou Manuel Lama, do devandito Grupo da USC. Ademais da comunidade virtual, o recurso pon en xogo unha infraestrutura de servizos web que permite aos usuarios acceder a toda a información dispoñible na comunidade virtual en calquera intre e en calquera lugar.
Máis datos sobre o CISTI
Segundo informa a Universidade de Santiago, a CISTI é un evento técnico-científico anual que ten como obxectivo presentar e discutir as innovacións, experiencias e coñecementos no campo dos sistemas e tecnoloxías da información e as súas aplicacións.
Nesta edición están sendo presentadas 270 comunicacións procedentes de diversas universidades e empresas de España, Portugal e Latinoamérica. Todas elas seleccionadas entre 400 candidaturas a través dun sistema de tripla avaliación blindada.
O encontro está organizado polo Gist. Idega da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Asociación Ibérica de Sistemas e Tecnoloxías de Información, sendo socios a Universidade Fernando Pessoa, a de Vigo, o Instituto Politécnico de Cávado e Ave, a Universidade de Estremadura, a Politécnica de Madrid, a Trás-os-Montes e Alto Douro, a Facultade de Enxeñaría da Universidade de Oporto, o ISEGI da Universidade Nova de Lisboa e a Universidade Tecnolóxica Nacional de Arxentina.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?