Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A feira solidaria Xogando con Tecnoloxía fará escala en Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A feira solidaria Xogando con Tecnoloxía fará escala en Lugo

Fernando Sarasketa
Publicado: 21/06/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

asupiva.jpgAs feiras de videoxogos comezan a botar rodas e a ser cada vez máis solidarias. Nesta liña de mobilidade é onde se sitúa o proxecto Xogando con Tecnoloxía que vén da man da Asociación de Usuarios de PC, Internet, Videoxogos e Arcade (ASUPIVA) e co que se pretende facer fincapé, a través de feiras e de encontros nalgunhas das principais cidades españolas, nas moitas vantaxes de lecer e de comunicación que poñen en xogo (e nunca mellor dito) estes recursos. Asemade, quérese propiciar un uso máis sostible dos mesmos e, sobre todo, máis universal. A faciana móbil desta iniciativa, que conta por enteiro co patrocinio da Fundación Ecolec (entre outras entidades), fará escala en Lugo nas vindeiras semanas. A xira comezou esta fin de semana pasada cunha feira en Cáceres, onde se deu acubillo a unha máis que completa listaxe de torneos ligados aos videoxogos.
A idea é seguir logo por León (do 26 ao 28 de xuño), Alacante, Ávila, Lugo, Tenerife, As Palmas, Santander, Murcia, Sevilla e Madrid. Nesta última cidade celebrarase a final do Open de España de videoxogos deportivos. As visitas e as competicións e relatorios que estas inclúen complementaranse con actividades de divulgación sobre as vantaxes (para o medio natural e para os usuarios) de reciclar os aparellos electrónicos ligados ao lecer dixital, informando polo miúdo dos puntos limpos que se achegan. Amais de todo isto, durante as feiras habilitaranse unha serie de emprazamentos de reciclaxe onde se poderán depositiar pequenos aparellos domésticos, como PCs, impresoras ou móbiles. A idea, a maiores, é acadar que unha boa parte da actividade ecolóxica e sostible amosada nas feiras sirva para doar aos hospitais videoconsolas e xogos educativos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?