
As xuntanzas, inauguradas por Manuel Fernández Iglesias no seu primeiro acto oficial como vicerreitor, responde segundo fai saber a Universidade aocompromiso renovado de atender ás demandas da sociedade en materia de inclusión e autonomía persoal.
No evento están a participar persoeiros das TIC sociais como Santiago Moreno, director da Fundación Vodafone España, coorganizadora do encontro, quen fixo fincapé nas sólidas fitas de colaboración que unen a entidade coa Escola de Enxeñaría, sendo a investigación na axuda a persoas con diversidade funcional un dos grandes puntos en común. Na súa opinión, téñense dado pasos importantes neste eido, aínda que tamén é certo que fica moito por facer: “A día de hoxe, temos unha tecnoloxía moi poderosa, prezos reducidos e oportunidades para desenvolver moitas cousas para facilitar a vida destas persoas”.
Xunto a Fernández Iglesias e Santiago Moreno, participaron na apertura das xornadas a directora da escola, Edita de Lorenzo, e o subdirector xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información da Xunta, Cristobal Varela que, entre outras accións que está a levar a cabo o Goberno galego, salientou o Plan Integral de Atención ás persoas con discapacidade “que será presentado en vindeiras semanas”.
Hoxe martes, informa a Universidade de Vigo, o eixe central será precisamente o eido universitario, primeiro coa participación de investigadores de diferentes grupos de investigación da escola,que exporán os traballos que se están a levar a cabo neste eido (axuda a dependentes no fogar, radiolocalización para maiores e contornas de teleasistencia) e, logo, unha mesa redonda sobre Universidade e Accesibilidade. Posteriormente clausurarán o encontro, o reitor, Salustiano Mato; a conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Beatriz Mato; a concelleira de Benestar Social, María Méndez e o director Territorial Noroeste de Vodafone, Juan José De Santiago.
Vigo dá acubillo estes días a unhas xornadas sobre TIC para persoas con diversidade funcional
Compartir Este Artigo
