Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ordes prepara a I edición do Festival de Curtametraxes Libres Cinestable
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ordes prepara a I edición do Festival de Curtametraxes Libres Cinestable

Raquel Noya
Publicado: 24/06/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

O audiovisual galego está agora mesmo nun momento no que a innovación é a súa marca da casa máis característica, e no que todo canto se fai aporta un pequeno gran de area moi necesario para potenciar a competitividade deste sector no eido nacional e internacional.
Festivais de curtas, películas en 3D, grandes actores e actrices que triunfan por todo o mundo, creatividade nas pezas creadas, promoción internacional dos films… en definitiva, grandes doses de innovación que fan falta nun sector no que a crise se nota tanto ou máis que noutros sectores máis fortes.
A última pequena dose de enerxía e empurrón para este sector vén de facela a asociación Inestable, que en colaboración co Concello de Ordes, está a preparar a celebración dun festival de curtametraxes na vila coruñesa.
Cinestable, que así se fai chamar o evento, vaise celebrar o vindeiro día 5 de agosto no auditorio da Casa da Cultura de Ordes, e con el, a organización pretende “fomentar o uso de licenzas abertas, ao tempo que se axuda a dar a coñecer as creacións tanto da xente amateur como dos profesionais do sector audiovisual”.
A temática das curtometraxes será libre, coa única restricción de que se licencie baixo unha licenza Creative Commons.
A inscripción é de balde e deberá realizarse a través da web oficial da entidade. O prazo de entrega de traballos abriu o día 14 de xuño e poderánse entregar obras ata o vindeiro día 1 de agosto.
Cinestable contará coa proxección de diferentes curtametraxes Creative Commons recoñecidas a nivel mundial, e disporá de máis de 800 euros en premios a repartir entre as mellores curtametraxes presentadas.
Para obter máis información sobre este evento, no que tamén participan outras entidades como AC Proxecto Trasno, pódese acudir á web oficial ou solicitar información por correo electrónico á dirección cc@intestable.org.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?