Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Awardesings.com: plataforma galega para pór o mellor deseño gráfico ao alcance de tódalas empresas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Awardesings.com: plataforma galega para pór o mellor deseño gráfico ao alcance de tódalas empresas

Fernando Sarasketa
Publicado: 24/06/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

awardesings.jpgA nosa terra segue a envorcarse a si mesma na Rede na procura de novos eidos de actividade e de comunicación distintos ou complementarios aos tradicionais. De procurar xustamente isto, novas voces e xeitos máis universais de dialogar e crear, é do que semella tratar Awardesings.com, unha canle para a promoción da creatividade gráfica que, segundo nos contan os responsables da súa posta en marcha, busca situar o máis preto posible a deseñadores e clientes. A plataforma funcionaría así: abríndose a internautas de todo o mundo que desexen levar a termo un proxecto de deseño gráfico concreto para que poidan presentalo na devandita web a xeito de concurso e, desta maneira, obter as propostas de creadores de toda a Rede.
Unha vez acadado o devandito, o cliente estará en disposición de visualizar os diferentes puntos de vista achegados, habilitando un premio para o deseñador gañador, comprometéndose o equipo da web a asegurar o pago.
“No caso do cliente, aseguramos a súa satisfacción”, engaden, “xa que se non recibe 10 propostas de 10 creativos distintos, ou malia tolas recibido opina que hai unha baixa calidade, lle devolveremos o importe íntegro”.
Este proxecto, sinalan, vai dirixido a favorecer o desenvolvemento do crowdsourcing nos eidos galego e español, tendencia que é algo así como buscar o máximo beneficio para empresas e internautas nos seus proxectos, os primeiros procurando as propostas ideais (de calidade e accesibles dende o punto de vista do custe) no eido colectivo e os segundos tendo maiores posibilidades de que llas merquen. A páxina Awardesigns, case con total seguridade o primeiro mercado de deseño gráfico no ámbito estatal, xurdiu co obxectivo de contar no prazo dun ano con 10.000 creativos rexistrados na plataforma, espalladas/os por todo o mundo, e chegándose a unha media de 8-10 concursos novos cada día. “Arestora”, din os responsables a iniciativa, “levamos 15 días coa versión beta e xa acadamos unha cifra de visitas diarias que oscila entre as 150 e as 200, case 100 deseñadores gráficos e a posta en marcha do concurso do logotipo promocional para a campaña 500 Anos da Feira de Monterroso”.
De feito, é precisamente nesta vila de Lugo onde se xerou a web, máis polo miúdo da man de Javier Martínez Castro e a súa compañía Ulla Publicidad, que previamente xa puxera en marcha iniciativas como www.promo-digitall.com (venda en liña de artigos da publicidade) ou www.bordadopoint.com, especializada en bordados publicitarios.
Com ámbalas dúas páxinas, informa Martínez Castro, “conseguimos vender produtos personalizados a calquera recanto de España, Andorra e Portugal, contando hoxe con máis de 1.000 clientes nestes tres países, sendo Bancaja ou Desigual algúns de maior renome”.
Para Javier Castro, Awardesigns.com é un xeito de ir en contra da crise e de procurar novos xeitos de relanzamento das medianas e pequenas empresas. Con ela, engade, “pretendemos que tódalas firmas poidan ter acceso a un bo deseño, sen ter que pagar altos custes por este servizo, de igual maneira calquera bo creativo que desexe gañar cartos poderá facelo a través de esta”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?