Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Seguir o Mundial en liña dende o traballo podería deixar ás empresas sen rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Seguir o Mundial en liña dende o traballo podería deixar ás empresas sen rede

Fernando Sarasketa
Publicado: 25/06/2010
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

mundial_2010_inauguracion.jpgQue o Mundial muda os hábitos da xente xa o sabíamos todas e todos. Por exemplo: de súpeto, proliferan bandeiras de España onde menos se agardaban, e polas rúas desfilan longas ringleiras de xente vestida de vermello e amarelo, e non hai que ser moi adiviño para saber a onde vai ir toda esa roupa no caso (probable) de que a selección marche en breve para a casiña. O que xa non estaba tan claro é que o Mundial tamén fose quen de trocar radicalmente as tendencias dos internautas e da Internet mesma. Así nolo conta NextVision, empresa con sede en Santiago que vén de publicar un estudo sobre audiencias en Internet que pon de manifesto o tirón do campionato tamén no virtual e os riscos para as empresas que isto achega. Así, para ir facéndonos unha idea, a xornada inaugural da Copa do Mundo de Fútbol que se está a celebrar en Sudáfrica “bateu tódolos recórds de audiencia en liña”.
Máis en detalle, os sitios ligados ao evento rexistraron máis de 12,5 millóns de accesos por minuto. Este marexada de clicks, que vai alén de todo o coñecido, foi tal que ata superou a cifra de accesos acadada na investidura de Barack Obama, que chegou a unha taxa de 8,5 visitas por minuto. Segundo informa NextVision, o récord rexistrado os días pasados débese sobre todo ao elevado número de webs ligadas ao Mundial, e a que unha boa parte dos medios de comunicación asinaron acordos para transmitir os encontros vía tecnoloxía streaming (distribución de vídeo e audio na Rede), de aí que os seareiros decidiran botarse a Internet de tal maneira.
Amais das causas, tamén están ben claras as consecuencias deste fenómeno. Segundo informa no devandito informe Roberto Heker, director de NextVision, non hai dúbida de que un acontecemento como o devandito ten potencial de abondo como afectarlle ao propio miolo das redes. Así, sinala que “os partidos do Mundial poden seguirse en liña dende o lugar do traballo, o que xera un gran volume de tráfico nas redes corporativas, feito que á súa vez pode provocar a súa saturación e mesmo degradar o seu rendemento ou mesmo afectar á dispoñibilidade de servizos críticos para as organizacións”.
E engade: un partido pode consumir arredor do 10% da banda larga da empresa por cada usuario conectado, e un número salientable de empregados seguindo os encontros en liña podería deixar sen lonxitude de banda á organización, xerando tamén caídas nos seus servidores informáticos. Asemade, incide, estaríamos a deixarlles aos delincuentes na Rede todo tipo de portas abertas para o acceso á información da compañía. A xuízo de Heker, é moi recomendable que para evitar este tipo de incidencias se teña no seo das empresas unha política de uso da Internet durante o horario laboral para así evitar as malas pasadas que este tipo de acontecementos poden xerar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?