Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A editorial galega Ideaspropias lanza un completo manual de uso sobre o Windows 7
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A editorial galega Ideaspropias lanza un completo manual de uso sobre o Windows 7

Fernando Sarasketa
Publicado: 28/06/2010
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ideaspropias_windows7.jpgA firma galega Ideaspropias Editorial vén de presentar no mercado un manual de informática para introducir ao usuario nas vantaxes e funcionalidades do último sistema operativo de Microsoft. O libro Windows 7 un sistema operativo a su alcance é obra de María Esther Ferreiro Fernández, quen quixo con este manual achegar unha “ferramenta útil para que o lector se anime a mellorar as súas técnicas de traballe e se responsabilice de tarefas como a seguridade da súa computadora ou da xestión da comunicación en rede”.
Ideaspropias, que arestora traballa tamén no lanzamento de outros tres manuais sobre outras tantas novas ferramentas de Microsoft, quere salientar con este volume que presentamos as melloras importantes de usuario que introduce o Windows7, fornecéndonos dun “contorno sinxelo de manexar e facilitándonos a achega de múltiples funcións ata o de agora exclusivas para expertos”.
Esther Ferreiro, informa a editorial con sede en Vigo, aposta neste volume por unha metodoloxía práctica que abrangue aprendizaxe construtivo e recursos visuais e actividades complementarias ao servizo do contido teórico. A autora, nada en Lugo en 1966, é diplomada en Informática de Xestión pola Universidade de Oviedo e conta cunha ampla experiencia como docente e comunicadora das máis diversas ferramentas informáticas: dende paquetes de ofimática ata sistemas para administración de redes e sistemas operativos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?